venres, 20 de decembro de 2013

CASTIÑEIROS CENTENARIOS. 4º NIVEL. CURSO 2013/2014



VISITA DO ALUMNADO DE 3º NIVEL ÁS FONTES DE BURELA

Saída do alumnado de 3º nivel para ver as fontes públicas e algún lavadoiro de Burela.



FOTOS NADAL

Fotos da celebración do Nadal 2013 no noso colexio. Aproveito para desexar a todos e todas (nenos e nenas, pais e nais, compañeiros e compañeiras unhas BOAS FESTAS!




mércores, 18 de decembro de 2013

VIDEO-CLIP



Xa que parece que vos gusta "Pan de millo" como próximo libro de lectura, aí tedes un video -clip moi chulo sobre o tema.

luns, 16 de decembro de 2013

LECTURAS PARA PEDIR A PAPÁ NOEL E AOS REIS MAGOS

Aí tedes unha lista de libros propostos dende a Biblioteca do centro que podedes pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos. Xa sabedes que temos na clase unha sesión diaria de lectura e na vosa casa tamén podedes e debedes de ler. Ás veces non sabedes que elexir para ler, pois aí vos van varios tanto en galego coma en castelán para que vos decidades.
Non deixedes de pasarvos de cando en vez polo blog da Biblioteca: hai cousas moi interesantes, enlaces a moitas páxinas, moitas informacións que vos poden ser moi útiles. E tamén podedes deixar os vosos comentarios!

domingo, 15 de decembro de 2013

Un conto de Nadal

Un conto dun burriño chamado "Pequeño" que sei que vos vai gustar.


luns, 9 de decembro de 2013

NELSON MANDELA

Mañá, día 10 de decembro é o día Internacional dos DEREITOS HUMANOS. No noso cole imos adicalo á lembranza de Nelson Mandela.


BENVIDOS!

Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar...
  Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar.
  Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés.
  Benvidos ao voso blog!!!