xoves, 27 de marzo de 2014

POESÍA

Algúns alumnos e alumnas de 4º A copiaron unhas fermosas poesías e ilustráronas cuns fermosos debuxos. Aquí está o resultado:



luns, 24 de marzo de 2014

VIAXE AO CENTRO DE FORMACIÓN PARA O CONSUMO (VEGADEO) 3ª NIVEL

O alumnado de 3º nivel viaxou o venres, 21 de marzo,ao Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo. Alí realizaron actividades dentro da área de alimentación.Os nenos e nenas, guiados por unha monitora, repasaron primeiro os distintos grupos que hai de alimentos e cal é a súa función. Logo, elaboraron un menú equilibrado acompañado dunha lista de compra. A continuación dáselles diñeiro(falso) para que realicen unha simulación de compra de alimentos no supermercado, comparando as distintas marcas que hai dun mesmo produto e mirando as etiquetas para elexir un produto en función da súa calidade-prezo. Finalmente, pasan pola caixa onde se lles fai unha simulación de cobro e eles deberán comprobar se é correcto o que se lles cobra e o que se lles devolve. 
 Despois desta interesante e formativa visita, comeron na área recreativa de Santa Cruz(Ribadeo) e pararon na famosísima praia das Catedrais, pero non poideron baixar aos areais xa que estaba a marea chea.

ARTE NA MARIÑA. 3º NIVEL

domingo, 23 de marzo de 2014

ARTE NA MARIÑA

O alumnado de 4º nivel, participou na elaboración de modelado de figuras en barro, coa axuda da ceramista de Foz Pilar Rey. Esta actividade, moi creativa, encantou aos nenos e nenas. Mirade como desfrutaban!!

mércores, 5 de marzo de 2014

AI MAMASIÑA QUE MEDO! II ACTO



II ACTO


CEGO 1: Dereitiñas ao perigo...

CEGA 2: E axudadas polo vento...

CEGA 3: Chegan as tres bruxas tolas...

CEGO 5: Ai mamasiña que medo...!!

TODOS OS CEGOS: Ai mamasiña que medo!!

( Vanse os cegos. Escoitase un golpe. Laios e queixas das bruxas. Entran en escena)

CELIDONIA: Ai, ai que golpe! E un dente menos!!

CHINCHA: É a noite de bruxas máis emocionante da miña vida!

CHINCHETA: Morcego, onde está ese príncipe encantado de xigante?

MORCEGO: Non é un príncipe encantado! É o meu señor, o xigante Xuvenco e, advírtolle, mociña, que non lle gustan os bicos nin as carantoñas!

CELIDONIA:(dando un salto) Ai! Picoume un bicho!

CHINCHA: Sería un dos piollos!

CELIDONIA: Non, Chincha, non é un piollo. Semella a picadura dun mosquito. Vanme encher o corpo de granos.
(De súpeto, todas rascan o corpo)

CHICHA: Ai! Picoume a min tamén! Demo de mosquito!

CHINCHETA: Se cadra non é un mosquito. Pode ser tamén un príncipe enmeigado que semella un mosquito e...

CELIDONIA: Oi, Chinchetiña, escoita ben a túa primeira lección nunha noite de bruxas! Os príncipes encantados non existen, porque as bruxas temos máis que facer que andar enmeigando e desenmeigando a realeza! Asi que se queres andar por aí bicando mosquitos, xigantes ou morcegos, alá ti. Pero eu, se vexo ese mosquito...esmágoo sen miramentos!

CHINCHETA:(Chorando) O meu príncipe-mosquito esmagado! Ai, ai, ai...

CHINCHA:(Consolando a Chincheta) Celidonia, muller, non sexas tan bruta que a rapaza está sensible. Que está na idade do pavo, caramba!

CELIDONIA:(cabreada) Pois que aprenda dunha vez que somos bruxas! Que se deixe de pensar en príncipes, eses son para as princesas!!
MORCEGO:Remataron xa a discusión? Pois vale. Vou buscar o meu inmenso señor, o xigante Xuvenco.

CHINCHA: Vale, vale. Aquí agardamos. (Vaise o morcego)

CHINCHA: Ai que emoción!

CELIDONIA: Que fera terrible está a piques de aparecer!

CHINCHETA: Ai mamasiña, que medo!
(Entra de novo o morcego con moita solemnidade)

MORCEGO: Miñas donas, meus señores, aquí chega o meu inmenso señor, o xigante Xuvenco!
(Música...as bruxas medosas agáchanse unhas tralas outras, tapando os ollos...aparece o xigante...decepción...é pequeño, a roupa venlle grande.)

CHINCHA: Eh?? Que xigante é vostede? Que broma é esta?

XIGANTE: Non é broma ningunha. Eu son o xigante Xuvenco. É a miña doenza é esta:estou encollido!

BRUXAS: Ohhh!!

CELIDONIA: Lavaríase moito. Eu por iso non me baño nunca.

XIGANTE: Non señora, non. Foi así, sen máis. Espertei pola mañá e xa estaba pequerrecho. Xa ven, nin xigante, nin nada. Ata me encolleron os calzóns!

CHINCHETA: Oh, está clarísimo! Antes era vostede un xigante porque estaba enmeigado e agora volve ser un príncipe normal!

XIGANTE: Pero que di esta tola? Eu son o xigante Xuvenco e non un príncipe!

CHINCHA E CELIDONIA: É a idade do pavo!

XIGANTE: Vale, pero eu preciso ser un xigante de novo e non consinto que me tomen o pelo. A ver...que remedio traen para min? (Sinala a maleta de Chincha)

CHINCHA:(Remexendo na maleta) Ai, meu neniño! Hai 30 anos levabamos toda clase de bebedizos máxicos. Agora só temos para as dores da reuma...

CELIDONIA:Para a vesícula...

CHINCHETA: Para o mal de amores...

CHINCHA: Para o colesterol...

CELIDONIA: Para o ácido úrico...

CHINCHETA: Para o acné xuvenil...


XIGANTE: Bastaaaaa!!

CELIDONIA: E o termo co caldiño quente. Para xigantes encollidos, non levamos nada.

CHINCHA: É mira que tiña eu ganas de ver un xigante de verdade!

XIGANTE: Morcego! (Sinala a maleta de Chincha) Bota fóra da miña vista toda esta cacharrada. E fai que se vaia este montón de tolas! Ai de mín, que desgracia!! (O morcego colle a maleta de Chincha)

CHINCHETA: Se cadra eu podo atopar algo...

CHINCHA: Non, filliña, que vas poder! Ti es aínda moi nova. Non te preocupes por este desagradecido.

CHINCHETA: Eu domino as novas tecnoloxías. E teño aquí o meu ordenador portatil. (Abre o maletín e saca o portatil)

CELIDONIA: Bohhh!! Canta trapallada inventan hoxe en día. Onde se poña un bebedizo máxico....

CHINCHETA: Mira madriña, aquí vou escribir o problema que ten Xuvenco:” Xigante encollido..” ves? En google, e agora “intro”. Mira, mira, aquí está a solución, aí tes o que lle pasa ao xigante.

CELIDONIA: Nena, non vexo sen gafas. Le, anda.

CHINCHETA: Pois di que ao xigante lle chuparon o sangue e por iso encolleu.

CHINCHA: Que lle chuparon o sangue? Ai xesús!!

XIGANTE: Así que hai alguén neste castelo que anda matando a sede á miña conta! Vou dar contigo, bicho piolloso, sexas quen sexas e te agoches onde te agoches!!

(Música de medo, soan as campás de medianoite e sae dun baúl o vampiro Ramiro)

VAMPIRO: Boas noites! E a ver se fan menos barullo,que así non hai quen pegue ollo!

XIGANTE: Socorro!! Un vampiro chuchasangue!

CELIDONIA: Ramiro!

VAMPIRO: Celidonia!

CELIDONIA: Ven aos meus brazos, Ramiriño do meu corazón!!

VAMPIRO: Dame unha aperta, Celidoniña, meu amor! (Danse unha aperta)

CHINCHETA: Coidado, madriña, que é un vampiro e os vampiros chuchan o sangue!

CELIDONIA: Que vai chupar! Este é o meu Ramiro. O único sangue que chupa é o das
filloas no entroido.

XIGANTE: Un momentiño, un momentiño! Que lle deu permiso a vostede para instalarse aquí? Por moi inofensivo que sexa, o castelo é meu.

RAMIRO: Vostede perdoe, pero pensei que isto era unha casa de turismo rural.

XIGANTE: Nada, nada. Fóra, fóra, que esto xa parece unha feira.

CELIDONIA: Adeus, Ramiro!

RAMIRO: Adeus, Celidonia! Levareite sempre no meu corazón!
(Vaise o vampiro Ramiro. Logo Celidonia ponse a bailar soa)

CELIDONIA: Ai! Síntome nova despois de atopar o meu amor!!

CHINCHA: Celidonia, muller, ten un pouco de sentidiño que xa non eres unha mociña!

CELIDONIA: Ai, pois eu síntome coma unha rapaciña! Ata me lembro agora da maneira de facelo bebedizo para curar xigantes. Neste caso, para agrandar a este!!

XIGANTE: Ooooohhh!! Que ben!! Axiña, Morcego, trae os cacharros!
(O morcego pon a maleta dos cacharros de Chincha enriba da mesa. Celidonia non para de bailar)

CHINCHA: Veña , Celidonia, que esto xa está. Que boto aquí?

CELIDONIA: Bota un chisquiño de xabón de largato que boa falta lle fai. Agora un pouco de laranxada, unhas bágoas de crocodilo e ...Pichiclán! Xa está!

CHINCHA: Que boa pinta ten!

XIGANTE (Mirando o que hai na pota) Puaf! E teño que beber esa porcallada?

CELIDONIA: Si, pero hai que deixalo repousar un pouco. Non vai fallar.

CHINCHETA: Hurra, somos bruxas outra vez!!
(As bruxas bailan contentas)

XIGANTE. Ha, ha, ha....E eu vou ser de novo un terrible xigante! Ha,ha,ha!

CHINCHETA: Alto aí! Pensar seguir por aí papando á xente? Non aprendiche nada de toda esta historia?

XIGANTE: E que tiña que aprender? Eu sempre fun un xigante canalla e malvado e non me veñas ti agora con leccións. Eu son como teño que ser.

CHINCHETA: Pois todo o mundo aprende algo. Eu hoxe aprendín que un xigante mingurrias coma ti non merece ter amigos que lle boten unha man.

CELIDONIA: Acouga, Chinchetiña, que en canto beba o preparado vaise convertir nun xigante grande de corazón.
XIGANTE: Como que grande de corazón? E de corpo?

CHINCHA: Non te queixes. A grandeza de corazón é o mellor que pode ter unha persoa.

XIGANTE (pensativo): ben mirado...levades razón. Eu vivía aquí só co meu morcego. Calquera día papábao a el tamén! E agora teño o castelo cheo d exente quie me axuda. Xa non preciso ningún bebedizo, porque xa sinto como se me vai agrandando o corazón... chora...Quéromos moitísimo a todos! Son todo amor. Morcego, baixa a Xalundes e dille a toda a xente que veña, que xa son boa persoa e grande de corazón...(volta a chorar...)

MORCEGO: Si señor Xuvenco. Que enorme corazón ten! (Vaise)

CELIDONIA: O que eu me temía...xa se montou o melodrama!

CHINCHA: Vai ser mellor que leve o bebedizo á cociña que se vén moita xente ao mellor cae polo chan.

CHINCHETA: Eu axúdoche mami!!

CELIDONIA: Pois eu tamén vou indo, que levo aquí xa moito tempo e o meu corpo pide cama!
(Saen as tres, levando a pota)
(Van entrando os paisanos e as mecánicas)

RAPAZ 2: Ola Xuvequiño, cando queiras xogar ao dominó, xa sabes onde estamos!

MULLER 1: E cando teñas fame, vas ao mercado coma todo o mundo e xa está!

MOZA 1: A min, ás veces, sóbrame moita comida. Doucha con gusto!

MOZA 2: Ai, que emoción! Vouche dar unha aperta!

MULLER 2: O pobo de Xalundes hache estar ben agradecido. Por fin, deixará de terche medo!

RAPAZ 2: Hoxe é un día especial para o noso pobo!

MECÁNICA 1: Cando precises amañar calquera vehículo, xa sabes onde temos o taller.

MECÁNICA 2: E se non, subimos nós ata o castelo!

XIGANTE: Ala, imos celebrar que xa son boa persoa. Vou invitarvos a todos!!!

PAISANOS: Que ben!! Hurra!!!
(Van saíndo todos e entran os cegos)

CEGO 1: E aquel xigante larpeiro,

CEGA 2: co seu corazón inmenso

CEGA 3: fíxose home de proveito

CEGO 5 : Mamasiña que escarmento!

TODOS: Mamasiña que escarmento!

CEGO 1: E poñan moito coidado

CEGA 2: que anda por este colexio

CEGA 3: outro xigantge malvado

CEGO 5: Ai mamasiña que medo!

TODOS: Ai mamasiña que medo!
                                                                               FIN