sábado, 22 de novembro de 2014

3º NIVEL. RUTA SENDEIRISMO XOVE-A RIGUEIRA

Onte, venres, día 21 de novembro, os alumnos/as de 3º nivel acompañados polas súas mestras fixeron a ruta de sendeirismo denominada "RUTA DOS MUÍÑOS" que vai dende Xove ata A Rigueira. É un percorrido duns 7 km. aprox. que realizamos en 2 horas. 
Este percorrido vai sempre á beira do río Rigueira. É lineal e de moi baixa dificultade. Ao longo do sendeiro imos vendo distintas especies arbóreas: castiñeiros, carballos, salgueiros, árbores froiteiras...
Tamén vimos diferentes animais: cabalos, vacas, tenreiros...
Como estamos en outono, atopamos distintos froitos propios desta época: castañas, cogomelos, mazás...
Foi un fermoso, relaxante e proveitoso percorrido!!
Aí quedan as imaxes deste día:

luns, 3 de novembro de 2014

CASTIÑEIROS CENTENARIOS

A aula medioambiental GAIA, pertencente ao Concello de Burela, organiza tódolos cursos actividades para os colexios encamiñadas a concienciar ao alumnado da necesidade de coidar e respectar o medio ambiente. Dentro destas, encádrase a visita aos castiñeiros centenarios que ten Burela .
Foi para os nenos/as de 4º de Primaria.