mércores, 27 de maio de 2015

CONVIVENCIA EN CANGAS: 1º, 2º e 3º

Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º curso, os seus titores e outros mestres/as do centro desfrutamos este martes dunha xornada de convivencia en Cangas, onde o alumnado participou en xogos cooperativos compartindo vivenzas, risas, xogos e comida.
Foi unha agradable xornada!!



xoves, 21 de maio de 2015

MOITAS ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS!!!



Se queres traballar sobre o calendario, o euro e as medidas de lonxitude, masa e capacidade, tes que pinchar AQUÍ








martes, 19 de maio de 2015

VIAXE DE 4º NIVEL A MERA DE BAIXO (ORTIGUEIRA)

O alumnado de 4º nivel acompañado polas súas mestras viaxou onte á GRANXA DO SOUTO en Mera (Ortigueira) para desfrutar da equitación e do coñecemento activo da natureza. Realizaron as seguintes actividades:
- Charla práctica sobre os coidados e hixiene dos cabalos( uso       de rasquetas, cepillos, peines...)
- Plantaron millo.
- Tiveron un taller na horta para recoñecer e relacionar          hortalizas coa planta de onde saíron.
- Paseo á beira do río identificando árbores. (Loureiro,   bidueira, freixo...)
- Por último, desfrutaron dunha esperada comida e de xogos.
- E o máis importante e co que desfrutaron moito: montaron a cabalo!! Vaia amazonas e xinetes que están feitos!!

Foi un día inesquecible para eles/as!!

APRENDENDO SOBRE O COIDADO DOS CABALOS:









AS FOTOS MÁIS SIMPÁTICAS:


OUTRAS FOTOS: NA HORTA E COMENDO:


venres, 15 de maio de 2015

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, o 2º ciclo celebrou o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" coa celebración dunha xincana cultural. O alumnado, por equipos, foi participando en tódalas probas propostas: algunhas como puzzles e estudo da biografía do autor este ano homenaxeado (Filgueira Valverde). Tamén se lles propuxo buscar polo patio poemas e copialos, localizar os nomes científicos de distintas árbores do cole, cantar "A rianxeira" mediante un karaoke...etc. Os nenos e nenas desfrutaron de verdade con esta xincana ao mesmo tempo que aprendían. Foi un día ben femoso!!!

domingo, 10 de maio de 2015

CHARLAS SOBRE IGUALDADE

A pasada semana, tivemos unhas charlas promovidas polo concello sobre IGUALDADE DE XÉNERO. Durante dúas sesións cada día para cada nivel, unha monitora traballou co alumnado na clase e no pavillón tentando concienciar aos nenos/as sobre este tema tan de actualidade.



venres, 1 de maio de 2015

AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN DE VOLTA.





Empezan a chegar de volta á biblioteca as mochilas viaxeiras que empezaron a circular aló polo mes de outubro.
Polo que recollemos dos cadernos viaxeiros que formaban parte do seu contido, foron todo un éxito. Os nenos e nenas que decidiron, xunto coas súas familias, participar neste proxecto desfrutaron moito cos libros en castelán, galego e inglés que levaban así como coa revista e o DVD.
As primeiras en chegar de volta foron as de 3ºB.