sábado, 17 de decembro de 2016

OS NENOS E NENAS DE 3º NIVEL EN RADIO BURELA!!


GRANDES VOCES DO NOSO MUNDO

 Programa musical de Radio Burela, dirixido por Marco Pereira. Un espazo dunha hora semanal, emitido todos os venres entre as sete e as oito da tarde. Unha iniciativa feita desde a Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes voces do noso mundo.
O alumnado de 3ºA e 3ºB participou neste programa de radio cantando unhas panxoliñas.
ESCOITADE!

 

sábado, 26 de novembro de 2016

VIAXE A RIOTORTO

O pasado xoves os nenos e nenas de 4º nivel realizaron unha visita á "EMBUTIDOS O MAZO" en Riotorto. Alí visitaron os diferentes sectores da fabrica observando o proceso de salgado, o de embutidos...Ao remate ata lles fixeron un agasallo: uns chourizos...!!


VISITA AO CONCELLO DE BURELA

O alumnado de 4º nivel fixo unha visita ao concello para ver os distintos departamentos do mesmo onde recibiron explicacións por parte dos traballadores/as.
O que máis lles gustou dende logo foi cando a policía local lles deixou subirse nas súas motos e coches.
Pasárono en grande!!

sábado, 19 de novembro de 2016

MAGOSTO 3º A

No blog da biblioteca: http://abibliotecadatartaruga.blogspot.com.es/ 
 e no de O  Gato dos Castros:http://ogatodoscastros.blogspot.com.es/ podedes ver fotos e vídeos da festa do Magosto. Aquí deixo tamén unha mostra do que aconteceu ao redor desta data:

EXPERIMENTO: O CICLO DA AUGA

En 3º nivel quixemos realizar o ciclo da auga para que os nenos e nenas o entendensen mellor. A través de demostracións cercanas sempre se comprenden mellor os conceptos.
   3º A
Cortamos unha botella de plástico:
Poñemos pedras e area no fondo:



Metemos encima un vaso con auga:


Tapamos con plástico:

 Despois de estar ao sol uns días vemos como parte da auga se evaporou e condensou volvendo a caer outra vez no vaso.

3ºB:
 

sábado, 12 de novembro de 2016

VISITA A LOURENZÁ

Hoxe, o alumnado de 3º nivel, acompañado polas súas titoras, viaxou a Vilanova de Lourenzá para visitar o Pazo de Tovar e o Mosteiro de S. Salvador.
Tiveron ocasión de percorrer todo o pazo-fortaleza de Tovar, de subir á Torre, de ver os aparellos que se usaban para traballar o liño e velo todo nun vídeo...sempre cunha guía, Marta, que lles foi explicando dun xeito sinxelo e ameno tódolos secretos que garda o Pazo.
Despois visitamos o Mosteiro de S. Salvador onde vimos o sartego do Conde Santo, o relicario e o retablo do Mosteiro. Tamén tivemos ocasión de ver os cocos ou cabezudos. Para isto contamos coa guía Mª José, que moi amablemente nos foi explicando todo.
Foi unha viaxe ben aproveitada ao concello da Mariña luguesa que eleximos para traballar este curso dentro do proxecto da biblioteca.
PAZO DE TOVAR



REPOÑENDO FORZAS E MOSTEIRO DE S. SALVADOR:
 

luns, 7 de novembro de 2016

AS ESTACIÓNS

Interesantes actividades para saber máis sobre as estacións do ano.
Pincha AQUÍ 
E máis AQUÍ

IMOS REPASAR

Pincha AQUÍ para ver o que sabes sobre os movementos da Terra, os satélites, as estrelas...

ATLAS MUNDIAL

Aquí tedes un recurso moi bo para repasar os continentes. Facendo clic en cada un deles podesdes acceder aos países de cada un. 
Tamén podesdes ver os oceános.
Se queredes desfrutar deste excelente recurso, pinchade AQUÍ

domingo, 30 de outubro de 2016

FORTALEZA DE TOVAR


Como sabedes, este curso estamos a traballar o proxecto  "A NOSA COMARCA". Dentro desta , o terceiro nivel escollemos Lourenzá e axiña visitaremos a Fortaleza ou Pazo de Tovar desta localidade.
 Para ir tomando contacto podes pinchar AQUÍ

venres, 28 de outubro de 2016

CELEBRAMOS O SAMAÍN!!



 
Ao longo desta semana o noso cole foise enchendo de caveiras, pantasmas, bruxas, cabazas...que estará a pasar? Pois...que chegou o Samaín!!
Adornáronse os pasillos e as aulas con motivos alusivos a estas datas, os nenos/as que quixeron foron traendo cabazas e aquí queda unha proba disto:

luns, 24 de outubro de 2016

OS CONTINENTES

Aquí tedes un vídeo para que aprendades o nome dos continentes con máis facilidade:





 

sábado, 22 de outubro de 2016

PROXECTO PARA ESTE CURSO

Durante este curso, dentro do proxecto da biblioteca, imos traballar "A NOSA COMARCA". En 3º nivel eleximos LOURENZÁ. Para coñecer un pouquiño máis este concello aquí tedes un pequeno vídeo.

luns, 10 de outubro de 2016

martes, 4 de outubro de 2016

xoves, 22 de setembro de 2016

EMPEZAMOS

Ola de novo. Comeza un novo curso escolar. Os nenos e nenas de 3ºA e a súa mestra chegamos cargados de ilusión, de ganas de aprender, de compartir, de  vivir xuntos un curso no que traballaremos con libros, con fichas, con ordenadores...faremos E.Física, aprenderemos inglés, leremos moito, iremos de excursión...etc, etc...
De todo o que vaiamos facendo ao longo deste curso, iremos deixando mostra neste blog que é para todos vós: nais, pais, avós, nenos e nenas...
Mirade ben o blog porque ao mesmo tempo que atoparedes fotos e vídeos de actividades que se realicen, tamén ides atopar moitos exercicios das distintas asignaturas co fin de que podades aprender desfrutando ao mesmo tempo.
BO COMENZO DE CURSO PARA TODOS /@S!!

domingo, 26 de xuño de 2016

APADRIÑAMENTOS E XOGOS

APADRIÑAMENTOS:

O alumnado de 4º B rematou os apadriñamentos lectores en E. Infantil dramatizando aos máis pequenos o conto titulado TODO ESTO ES SOLO MÍO

XOGO
As monitoras de GAIA trouxeron ás aulas de 3º e 4º o xogo PASAPALABRA



mércores, 22 de xuño de 2016

OS DE 3º NIVEL EN S. MARTIÑO

O alumnado de 3º nivel, acompañado polas súas mestras Lucía e Helena, visitou ESPAZO CARITEL en S. Martiño, Foz. Esto é un proxecto creado por Daniel Caxigueiro, un recoñecido artista plástico galego onde se poden ver natureza e arte en perfecta harmonía.
ESPAZO CARITEL está formado por unha sala de exposicións onde se amosan as obras do propio artista e nos baixos está o seu taller.
Ademais ten un xardín de máis de tres mil metros cadrados no que hai especies moi diversas de plantas e árbores chegados de moitas partes do mundo:Chile, Xapón, Corea...Ten ademais unha colección de máis de 100 camelias de diferentes especies.
Todo esto sitúase ao ladiño da basílica románica tan importante e coñecida na nosa zona e fóra dela.

venres, 17 de xuño de 2016

MÁIS FOTOS DE 3º DIVERTÍNDOSE E APRENDENDO EN FOZ

Aquí os tedes outra vez. Ao mesmo tempo que aprenden algo tan importante como é a EDUCACIÓN VIAL, mirade como se divirten!!

domingo, 12 de xuño de 2016

EDUCACIÓN VIAL PARA 3º

O concello de Foz conta con un dos dous circuitos estables de educación vial que existen en Galicia. Dous policías locais son os encargados de impartir clases teóricas e prácticas aos alumnos dos centros da comarca que alí acuden.
Neste caso foron os nenos e nenas de 3º nivel os que, acompañados polas súas titoras Helena e Lucía, se desplazaron a Foz para desfrutar destas actividades.
Mirade que ben o pasaron!

venres, 3 de xuño de 2016

VIAXE Á GRANXA DO SOUTO

Hoxe, os nenos e nen@s de 4º nivel acompañados polas súas titoras viaxaron á granxa do Souto, cerca de Ortigueira. Alí desfrutaron dun día en contacto pleno coa natureza: aprenderon moitas cousas sobre animais e plantas, montaron a cabalo, participaron en xogos....Un día inesquecible!!

OUTRAS FOTOS:


luns, 30 de maio de 2016

xoves, 26 de maio de 2016

LENDO FÓRA!!

Hoxe, o almnado de 4º B saíu fóra na HORA DE LECTURA aproveitando os raios do sol primaveral.

domingo, 15 de maio de 2016

RECITANDO POEMAS DE MANUEL Mª. 4º NIVEL

O pasado venres, os alumnos@s de 4º acudiron ao Concello para ler poemas de Manuel Mª, escritor ao que este ano se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Covocados polo colectivo Cultural BURIL, acudiron ao Salón de Plenos do Concello onde recitaron poemas acompañados polos compañeiros@s do CEIP Vista Alegre.


venres, 13 de maio de 2016

CALQUERA SITIO É BON PARA LER!!

O nenos@s de 3º escolleron hoxe para ler un sitio peculiar: o pequeno parque de xogos que temos no patio. Nas fotos vese que desfrutaban moito da lectura e é que calquera sitio é bo para desfrutar deste placer!!

xoves, 12 de maio de 2016

OS NENOS@S DE 3º FORON A VEGADEO

O día 31 de marzo, o alumnado de 3º A e 3º B xunto coas súas mestras Helena e Lucía, viaxou ao CFC (Centro de Formación para o Consumo) de Vegadeo para realizar actividades relacionadas coa compra nun supermercado. Tiveron que elaborar un menú saudable e comprar os alimentos necesarios para eso. Tiveron que adaptarse a un diñeiro que levaban e logo pagar na caixa e saber que lles tiñan que devolver e se o facían correctamente.
Á volta pararon na praia das Catedrais.
Foi un día ben aproveitado!!!

mércores, 11 de maio de 2016

MIDE ÁNGULOS


Pulsa AQUÍ para medir ángulos:

(primerodecarlos.com)

PARA RECORDAR SEGMENTOS, ÁNGULOS....


ACTIVIDADE MOI COMPLETA PARA RECORDAR O QUE É UN SEGMENTO, CLASES DE ÁNGULOS... PINCHA AQUÍ

( Do blogue primerodecarlos.com)

RECTAS E ÁNGULOS


Aquí tes un vídeo para repasar as rectas e os ángulos:

xoves, 28 de abril de 2016

PARA TRABALLAR SOBRE O LOBO




Este curso traballamos en 4º nivel, dentro do proxecto impulsado dende a biblioteca escolar "FAUNA GALEGA", o lobo.
Para ver uns documentais interesantes sobre este animal, pincha AQUÍ
Para realizar unha unidade didáctica, pincha AQUÍ

martes, 26 de abril de 2016

MIRADE COMO LEN OS DE 3º!!!

Tódolos lugares son bos para a lectura. Cando o tempo acompaña estase de marabilla lendo fóra!!

mércores, 13 de abril de 2016

UNIDADES DE LONXITUDE

Aquí tes un vídeo para repasar as UNIDADES DE LONXITUDE:




PARA REALIZAR OUTRAS ACTIVIDADES, PINCHA AQUÍ:

E TAMÉN AQUÍ

mércores, 6 de abril de 2016

VIAXE A LUGO

Hoxe, o alumnado de 4º nivel viaxou á capital da provincia.
Fomos visitar a rotativa do xornal EL PROGRESO no polígono do CEAO, despois fomos ao Museo Provincial onde dúas guias nos falaron das orixes do Museo e nos ensinaron pezas moi valiosas do mesmo, como o torques de Burela.
Despois fomos comer á Facultade de Formación do Profesorado e a continuación demos un pequeno paseo pola Muralla. 
Para rematar a nosa viaxe, fomos ao Centro Comercial AS TERMAS onde nenos e nenas desfrutaron moito.
Foi unha viaxe ben aproveitada!!

NO PROGRESO:






NO MUSEO:














POLAS RÚAS DE LUGO; NA MURALLA E NAS TERMAS:


venres, 1 de abril de 2016

VISITA A LUCUS AUGUSTI



 Axiña imos visitar a cidade de Lugo!!!

Lugo é unha cidade galega, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Para saber un pouco máis do proceso da romanización
(Proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes) tedes este vídeo :


xoves, 31 de marzo de 2016

EXPOSICIÓNS ORAIS

Os nenos e nenas de 4º B estiveron investigando por parellas sobre monumentos, lugares...de Galicia.
Agora fannos a presentación dos mesmos:

domingo, 20 de marzo de 2016

POSTAIS PARA ROSALÍA

Para celebrar o "DÍA DE ROSALÍA" os nenos e nenas de  4ºB elaboraron estas fermosas postais.
Mirade que chulas quedaron:



venres, 4 de marzo de 2016

O APARATO DIXESTIVO

Outras explicacións máis do APARATO DIXESTIVO:





SISTEMA DIXESTIVO. (XOGO)

Para aprender máis do aparato dixestivo xogando, pulsa AQUÍ

E tamén AQUÍ
Para saber máis do APARATO DIXESTIVO:

xoves, 3 de marzo de 2016

COMUNIDADES AUTÓNOMAS


Para aprender a situar as Comunidades autónomas de xeito divertido, pulsa AQUÍ

sábado, 27 de febreiro de 2016

O LOBO

Para aprender as características do lobo, pincha AQUÍ


O LOBO EN GALICIA

Os expertos calculan que en Galicia hai entre 400 e 600 lobos (noticia do 02/02/2014).
A especie de lobo que habita en Galicia é a do lobo gris.

Os gandeiros presentan moitas queixas pola presenza do lobo debido a que ataca ao seu gando.
As zonas de Galicia onde abundan máis lobos son:

Na Coruña: no Barbanza e no macizo do noroeste colindando con Lugo. (Falta curiosamente en todo o centro da provincia da Coruña)
En Lugo: nos Ancares e comarcas próximas así como en zonas altas de Muras, Viveiro, O Vicedo e Coba da Serpe.
En Pontevedra: no Deza. Tamén nas Serras do Suido e Leboreiro na fronteira coa provincia de Ourense.

En Ourense: en paraxes de Valdeorras e nos macizos que lindan con Zamora e Portugal. Pero onde máis hai son pola serras do Suido, Faro e Laboreiro.

O LOBO NA ESCOLA



Se queres coñecer máis sobre o lobo pincha AQUÍ

Un vídeo interesante para que coñezas a MARCOS RODRÍGUEZ PANTOJA:



sábado, 20 de febreiro de 2016

LA FRACCIÓN DE UNA CANTIDAD


Para calcular a fracción de unha cantidade, pincha AQUÍ



A continuación, tes unha actividade moi interesante tamén de fraccións. Pincha AQUÍ

Se queres xogar a recoñecer fraccións e practicar de paso a atención, pincha AQUÍ