martes, 28 de marzo de 2017

XOGO DA OCA INMIGRANTE

  O Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela organizou  unha actividade dirixida a alumnos de terceiro curso. Os nenos e nenas de 3º A e 3ºB participaron na"oca inmigrante", un xogo con diferentes probas que teñen como obxectivo explicarlles aspectos relacionados co racismo, a inseguridade e o desamparo, a acollida, a pobreza, a tolerancia.... "
A actividade foi realizada en colaboración coa aula medioambiental GAIA

venres, 24 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE

O día 21 de marzo celebramos o Día da árbore. Con tal motivo, realízase no noso cole un xogo, promovido pola aula medioambiental GAIA do concello de Burela, que consiste en adiviñar o nome dunha árbore da que ao longo de varios días se van dando pìstas.
Este ano a árbore a adiviñar era un limoneiro e o curso ganador foi 3ºB ao que queremos felicitar dende aquí. 
Eles plantaron o limoneiro e nós plantamos hoxe un amieiro.




xoves, 16 de marzo de 2017

EXPERIMENTOS

Hoxe tocou...experimentar cos alimentos!!
Quixemos comprobar que alimentos tiñan máis graxa. Para iso puxemos varios alimentos (queixo, manteiga, rosquiñas, pan...) encima dun papel de forno e comprobamos cal deses alimentos deixaba manchado o papel.
Tamén realizamos un experimento con canela: os nenos/as tapaban o nariz e probaban a canela comprobando que se tapamos o nariz a canela...non sabe a nada!!
Decatámonos da importancia do sentido do olfacto á hora de comer!!

15 de marzo, día mundial dos dereitos do consumidor

Onte, día 15 de marzo, celebrouse o DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR E DO CONSUMO RESPONSABLE. Con tal motivo, dende a aula medio ambiental Gaia do Concello de Burela, realizouse en 3º nivel unha actividade consistente en ensinar ao alumnado a exercer un consumo responsable.
Pasárono en grande!!








venres, 10 de marzo de 2017

VIAXE A VEGADEO E PRAIA DAS CATEDRAIS

Hoxe o alumnado de 3º nivel viaxou, acompañado polas súas mestras, ao Centro de Formación para o Consumidor que se atopa en Vegadeo. Alí repasaron conceptos xa explicados na aula en canto aos distintos tipos de alimentos e a súa función, aprenderon a elaborar un menú saudable e realizaron a compra nun supermercado ficticio pero moi ben recreado. Ata levaban diñeiro (de mentira) e tiveron que pasar pola caixa e comprobar se lles chegaba para o que compraran, se lles daban ben as voltas...Moi educativo e interesante.
Despois de comer nun parque que está ao lado, paramos á volta na praia das Catedrais para observar este Monumento Natural. Non tivemos moita sorte, xa que estaba a marea chea.
Foi un día ben aproveitado, eso sí...con moitísima calor!!!

venres, 3 de marzo de 2017

PROXECTO DESTE CURSO: LOURENZÁ

Como este curso estamos a traballar A MARIÑA LUCENSE e dentro desta nós eleximos Lourenzá, aquí deixo uns vídeos para coñecer mellor esta localidade sobre a que estamos traballando en 3º nivel:

xoves, 2 de marzo de 2017