luns, 26 de xuño de 2017

TRABALLOS EN 4ºB

Os nenos e nenas de 4º B elaboraron uns preciosos mosaicos.
Mirade que artistas!!

domingo, 25 de xuño de 2017

OBRA DE TEATRO: " UNS TURISTAS DESPISTADOS" 3ºA

Rematamos o curso co estreo da obriña teatral "Uns turistas despistados" representada polo alumnado de 3º A. 
Demostraron ser uns auténticos actores/actrices!! Noraboa!!

sábado, 24 de xuño de 2017

MOMENTOS LECTORES

O alumnado de 4º A e 4º B saíu fóra en días pasados para desfrutar da lectura.
En contacto coa natureza, ao redor do colexio, estiveron lendo. 
Mirade que fermosas fotos!!

sábado, 10 de xuño de 2017

VIAXE A S. MARTIÑO

Onte venres, os nenos e nenas de 3º nivel e as súas mestras achegámonos a S.a Martiño para visitar a basílica e Espazo Caritel.
Na basílica, a guía falou ao alumnado das imaxes que se poden ver nalgún capitel e ensinoulles o sepulcro onde se gardan os restos do Bispo Gonzalo, cuia lenda eles/as xa coñecían.
Logo fomos visitar Espazo Caritel. Un lugar onde se mestura natureza e arte.
O “Espazo Caritel” está formado por unha sala de exposicións que no seu baixo alberga o taller do propio artista e un xardín de máis de tres mil metros cadrados que acolle especies das máis diversas.

venres, 2 de xuño de 2017

4º NIVEL NA GRANXA DO SOUTO

Onte, xoves, os nenos e nenas de 4º nivel acompañados polas súas titoras desplazáronse a Mera (Ortigueira), á granxa do Souto onde poideron desfrutar en plena natureza de animais como coellos, vacas, cabalos...practicando ademais a equitación. Tamén poideron apreciar diversos cultivos da horta.
Pasárono xenial!!