Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar... Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar. Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés. Benvidos ao voso blog!!!
martes, 24 de marzo de 2015
PARA APRENDER O NOME DOS MESES
Mirade que forma máis divertida de aprender o nome dos meses do ano!!!
sábado, 21 de marzo de 2015
AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR, CANTANDO!!!
Mira que xeito máis divertido de aprender a táboa de multiplicar!!
mércores, 18 de marzo de 2015
martes, 17 de marzo de 2015
VIAXE A LUGO 4º DE PRIMARIA
Onte, luns, día 16 de marzo o alumnado de 4º nivel acompañado das súas titoras, da profesora de PT e da coidadora do centro, desplazáronse a Lugo para realizar diversas visitas: en 1º lugar, no polígono do CEAO, visitaron a rotativa do xornal "EL PROGRESO", onde lles ensinaron o proceso que sigue un periódico ata chegar ás nosas mans. A continuación, foron ao Museo Provincial para realizar distintas actividades relacionadas coa arte e viron a xoia do Museo, de moito significado para eles, pois trátase do famoso TORQUES de Burela, que volve a estar no Museo de Lugo. A continuación deron un pequeno paseo pola MURALLA e logo foron comer á Escola de Maxisterio.
Viñeron super contentos porque aprenderon moitas cousas e pasárono moi ben!!!
sábado, 14 de marzo de 2015
VIAXE A VEGADEO E PRAIA DAS CATEDRAIS
O alumnado de 3º nivel viaxou o mércores, día 11,ao Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo. Alí realizaron actividades dentro da área de alimentación.Os nenos e nenas, guiados por unha monitora, repasaron primeiro os distintos grupos que hai de alimentos e cal é a súa función. Logo, elaboraron un menú equilibrado acompañado dunha lista de compra. A continuación dáselles diñeiro(falso) para que realicen unha simulación de compra de alimentos no supermercado, comparando as distintas marcas que hai dun mesmo produto e mirando as etiquetas para elexir un produto en función da súa calidade-prezo. Finalmente, pasan pola caixa onde se lles fai unha simulación de cobro e eles deberán comprobar se é correcto o que se lles cobra e o que se lles devolve.
Logo comemos no parque que hai moi cerquiña do Centro de Formación e a continuación, cando viñamos de camiño, paramos na praia das Catedrais á que non poidemos baixar porque estaba a marea chea.
luns, 9 de marzo de 2015
A AUGA
Actividades interesantes para aprender máis sobre o ciclo da auga, a desertización, a contaminación e os usos da auga
Neste enlace
A AUGA
Para repasar o ciclo da auga e os seus cambios de estado, pincha aquí:
Tamén está explicado de forma moi clara aquí:
Neste enlace, poderás seguir practicando mediante moitas actividades, os usos e estados da auga. Pincha
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)