Amosando publicacións coa etiqueta Apadriñamentos lectores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Apadriñamentos lectores. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de abril de 2018

APADRIÑAMOS

O luns día 23 con motivo da celebración do Día do Libro realizamos no cole a actividade "Apadriñamentos Lectores" promovida polo equipo de biblioteca.
O alumnado de Primaria (dende 3º a 6º) apadriñou/amadriñou aos nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º realizando unha lectura no exterior do centro.
Ao remate, os afillados/as obsequiaron aos seus padriños/madriñas cun agasallo feito por eles.
Como o curso pasado, a actividade foi todo un éxito.

luns, 24 de abril de 2017

APADRIÑAMENTO LECTOR 3º e 4º NIVEIS- INFANTIL


O apadriñamento lector é un proxecto de animación á lectura de carácter transversal. Consiste en que o alumnado de cursos superiores (de 3º a 6º) sexan padriños /madriñas do alumnado de cursos inferiores (dende infantil 3 anos ata 2º nivel) para compartir momentos de lectura.

Os padriños/madriñas terán a función de ler contos aos seus afillados/as.

Con esta actividade preténdese mellorar os diversos contidos da lectura e ademais desenrolar relacións interpersoais entre o alumnado do centro e o achegamento entre nenos/as de diferentes idades.
Esta actividade desenvolveuse hoxe no noso colexio para celebrar o Día do Libro.
Tivo moito éxito!!
 



domingo, 26 de xuño de 2016

APADRIÑAMENTOS E XOGOS

APADRIÑAMENTOS:

O alumnado de 4º B rematou os apadriñamentos lectores en E. Infantil dramatizando aos máis pequenos o conto titulado TODO ESTO ES SOLO MÍO

XOGO
As monitoras de GAIA trouxeron ás aulas de 3º e 4º o xogo PASAPALABRA



xoves, 17 de decembro de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe, seis nenos e nenas de 4º B foron á aula de Infantil de 5 anos (6º B) a representar para estes alumnos/as dous poemas dramatizados, dentro dunha proposta da biblioteca para este curso chamada "Apadriñamentos Lectores", que consiste en que o o alumnado de 3º a 6º irá ás aulas dos máis pequenos para contar contos, ler poemas...