Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º curso, os seus titores e outros mestres/as do centro desfrutamos este martes dunha xornada de convivencia en Cangas, onde o alumnado participou en xogos cooperativos compartindo vivenzas, risas, xogos e comida.
Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar... Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar. Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés. Benvidos ao voso blog!!!
mércores, 27 de maio de 2015
xoves, 21 de maio de 2015
MOITAS ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS!!!
Se queres traballar sobre o calendario, o euro e as medidas de lonxitude, masa e capacidade, tes que pinchar AQUÍ
martes, 19 de maio de 2015
VIAXE DE 4º NIVEL A MERA DE BAIXO (ORTIGUEIRA)
O alumnado de 4º nivel acompañado polas súas mestras viaxou onte á GRANXA DO SOUTO en Mera (Ortigueira) para desfrutar da equitación e do coñecemento activo da natureza. Realizaron as seguintes actividades:
- Charla práctica sobre os coidados e hixiene dos cabalos( uso de rasquetas, cepillos, peines...)
- Plantaron millo.
- Tiveron un taller na horta para recoñecer e relacionar hortalizas coa planta de onde saíron.
- Paseo á beira do río identificando árbores. (Loureiro, bidueira, freixo...)
- Por último, desfrutaron dunha esperada comida e de xogos.
- E o máis importante e co que desfrutaron moito: montaron a cabalo!! Vaia amazonas e xinetes que están feitos!!
- E o máis importante e co que desfrutaron moito: montaron a cabalo!! Vaia amazonas e xinetes que están feitos!!
Foi un día inesquecible para eles/as!!
APRENDENDO SOBRE O COIDADO DOS CABALOS:
OUTRAS FOTOS: NA HORTA E COMENDO:
venres, 15 de maio de 2015
XINCANA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe, o 2º ciclo celebrou o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" coa celebración dunha xincana cultural. O alumnado, por equipos, foi participando en tódalas probas propostas: algunhas como puzzles e estudo da biografía do autor este ano homenaxeado (Filgueira Valverde). Tamén se lles propuxo buscar polo patio poemas e copialos, localizar os nomes científicos de distintas árbores do cole, cantar "A rianxeira" mediante un karaoke...etc. Os nenos e nenas desfrutaron de verdade con esta xincana ao mesmo tempo que aprendían. Foi un día ben femoso!!!
domingo, 10 de maio de 2015
CHARLAS SOBRE IGUALDADE
A pasada semana, tivemos unhas charlas promovidas polo concello sobre IGUALDADE DE XÉNERO. Durante dúas sesións cada día para cada nivel, unha monitora traballou co alumnado na clase e no pavillón tentando concienciar aos nenos/as sobre este tema tan de actualidade.
venres, 1 de maio de 2015
AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN DE VOLTA.

Polo que recollemos dos cadernos viaxeiros que formaban parte do seu contido, foron todo un éxito. Os nenos e nenas que decidiron, xunto coas súas familias, participar neste proxecto desfrutaron moito cos libros en castelán, galego e inglés que levaban así como coa revista e o DVD.
As primeiras en chegar de volta foron as de 3ºB.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)