Dentro do proxecto proposto para este curso dende a biblioteca do colexio, está a colaboración das familias que así o desexaron para vir ás aulas contar aos nenos/as contos, lendas, anécdotas da súa infancia...etc.
Neste caso tivemos a oportunidade de contar cunha irmá do alumno de 4º B, Kevin Romero Peña. Este alumno, nacido en Burela, é fillo de pais peruanos e foi a súa irmá Melisa, nacida no Perú e que veu a España con 15 anos,a que nos veu falar de como celebran o Nadal no seu país de orixe.
Os alumnos/as facíanlle preguntas as que respondía. Non solo lles falou de como celebraban o Nadal en Perú,senón tamén da xeografía do país, de que era unha zona sísmica onde se producían a menudo terremotos e volcáns. Tamén lles dixo que practicaban dúas relixións maioritarias, que se falaban distintas linguas...etc, etc...
Foi unha charla moi amena e que os nenos e nenas escoitaron moi atentos, facendo moitas preguntas e coa que aprenderon moitas cousas sobre ese país.
Moitas grazas, Melisa!!