sábado, 21 de xullo de 2018

ATA SEMPRE

Con vós remata a miña vida profesional.
Foron 35 anos dedicados á marabillosa profesión de ser mestra.
Tiven a inmensa sorte de despedirme cuns nenos e nenas excepcionais en tódolos sentidos.
Oxalá a todos e todas a vida vos depare moito éxitos.
Ata sempre!!



sábado, 26 de maio de 2018

VISITA Á GRANXA DO SOUTO

A granxa do Souto está situada en Mera de Baixo (Ortigueira). É unha granxa pero tamén é un centro de turismo ecuestre que engloba actividades educativas e de ocio activo.
Os nenos e nenas de 4º nivel desfrutaron hoxe das seguintes actividades:
- Coñeceron as necesidades e as diferenzas entre os animais que viven na granxa: cabalos, coellos, cabras, burros, vacas, xatos, galiñas...
- Aprenderon coas monitoras como se coida e se prepara un cabalo para montar: cepillado, limpeza de cascos, colocación da silla, das rendas...
- Bautismo hípico: os nenos e nenas que quixeron montaron en cabalo guiado polas monitoras.
- Taller de millo e horto: aprenderon a plantar millo e visitaron o horto onde aprenderon a identificar e relacionar as plantas cos seus froitos.
- Interacción cosa animais da granxa:o alumnado desfrutou co contacto dos animais da granxa: coa burra Orellas, coa cabra Piruleta, cos coellos, co can Jako, co tenreiro, coas galiñas...
Foi, sen dúbida, unha experiencia inolvidable!!
 Aquí tedes fotos e vídeo.
 No   http://ogatodoscastros.blogspot.com.es/    podedes ver máis fotos e vídeos
Con Jako


martes, 22 de maio de 2018

"CUERDAS", PARA TRABALLAR A DIVERSIDADE

En 3º nivel proxectaron a curtametraxe animada "Cuerdas" para traballar o tema da diversidade na aula.
A película, repleta de matices, narra unha tenra historia de amizade entre dous nenos moi especiais pero tamén é unha obra que fala de valores e ilusións. 
O alumnado, despois de visionar a película, fixo un debate sobre a mesma e realizou uns fermosos debuxos.

PROXECTO: BARREIROS

O  PDI (Proxecto Documental Integrado)  de 4º nivel deste curso, promovido dende a biblioteca escolar, centrouse no concello de Barreiros.
E así quedou:

sábado, 19 de maio de 2018

OBRA DE TEATRO 4º A

MAMASIÑA, QUE MEDO!

Obra de teatro representada por 4ºA con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2018

mércores, 16 de maio de 2018

OBRA TEATRO DE 4º A

Mamasiña, que medo!, esta obra teatral escrita por Chus Pereiro, foi a que representou o alumnado de 4ºA con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Convertidos en actores e actrices desempeñaron os seus papeis de forma maxistral.
Noraboa a todos e todas!!

venres, 27 de abril de 2018

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

Seguimos con actividades relacionadas coa Semana do Libro. Despois dos apadriñamentos lectores do luns, hoxe tocou a entrega dos premios dos concursos convocados: "Debuxa a túa portada " e "Que libro é?"
Tivemos tamén a Lucía Bouza, ex-alumna do noso centro, que veu contar ao alumnado a historia dunha carta escrita por Manuel Mª cando ela cursaba 4º de Primaria. Esta carta, xunta a que enviou a escritora Concha Blanco no ano 1995 aos nenos e nenas que daquela cursaban 2º de Primaria, quedan para sempre expostas na biblioteca.
 5º e 6º :



















Paula foi a ganadora do concurso "Debuxa a túa portada"

6º nivel, moi atentos

6º A, ganadores do concurso "Que libro é?"

Premio por participar

Premio por participar
5º nivel, moi atentos

Premio por participar no concurso "Que libro é?
Lendo a carta de Manuel María
Escoitando a Lucía Bouza

Ganadora do concurso "Debuxa a túa portada"



3º e 4º:

Premios por participar
Lucía Bouza, lendo a carta de Manuel María
Ganadores do concurso "Que libro é?" (3º B)
Engadir título
Santiago Rentería, ganador do concurso "Deseña a túa portada"
Ganadora do concurso "Deseña a túa portada"

1º e 2º:
Ganadora do concurso "Deseña a túa portada"

Premio por participar
Premio por participar no concurso Que libro é?
Premio por participar
Ganadora do concurso "Deseña a túa portada"
Ganadores do concurso "Que libro é?"
Ganador do concurso "Deseña a túa portada"

 Infantil:



Ganadora do concurso "Deseña a túa portada"


A ganadora cos seus premios

Bombóns para todos!!












 

mércores, 25 de abril de 2018

APADRIÑAMOS

O luns día 23 con motivo da celebración do Día do Libro realizamos no cole a actividade "Apadriñamentos Lectores" promovida polo equipo de biblioteca.
O alumnado de Primaria (dende 3º a 6º) apadriñou/amadriñou aos nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º realizando unha lectura no exterior do centro.
Ao remate, os afillados/as obsequiaron aos seus padriños/madriñas cun agasallo feito por eles.
Como o curso pasado, a actividade foi todo un éxito.

mércores, 18 de abril de 2018

VISITA DOS AFILLADOS E AFILLADAS DE E. INFANTIL

Onte tivemos unha visita moi especial: os nenos e nenas de E. Infantil (5ºB) viñeron á nosa aula de 4ºA para coñecer aos seus padriños e madriñas que o vindeiro día do Libro lles van a ler un conto dentro da actividade de Apadriñamentos Lectores organizada dende a biblioteca do centro.
Estivemos encantados de recibilos xunto a súa mestra Rocío. Os seus padriños e madriñas presentáronse e faláronlles un pouco do conto que lles van a ler o luns, 23 e eles faláronnos dun proxecto que están realizando sobre tribus da selva amazónica. Cantas cousas nos contaron que non sabiamos!!!

EXPERIMENTO

Hoxe quixemos separar unha mestura. Fixémolo polo método de filtración:
Mariama botou auga nun vaso
Xoel engadiu sal
Entre David e Iria colaron a auga

Comprobamos como a auga está no recipiente negro e o sal quedou no coador.A filtración resultou!!




EXPERIMENTO

Hoxe quixemos demostrar que o aceite e a auga non se mesturan por moito que remexamos!!

Adrián botando auga nun vaso
Alex engadiu o aceite
Así quedou!!
Martín remexeu e remexeu...
Pero o aceite e a auga non se mesturaron.