venres, 6 de xuño de 2014

BAUTISMO DE MAR. FOTOS 4ºA

Hoxe, venres, o alumnado de 2º ciclo acudiu ao porto de Burela para visitar a embarcación "PAIO GÓMEZ CHAIÑO". Trátase dunha lancha do Servizo de Gardacostas de Galicia que se adica á inspección pesqueira (vixía que o peixe que entra ao porto para vender sexa axeitado nas medidas, que non estea en veda, que os aparellos para pescar sexan os permitidos...etc.)
Os alumnos e alumnas, acompañados polas súas mestras poideron percorrer o interior da embarcación visitando os camarotes, a cociña, o comedor, a sala de máquinas...
Ao remate, membros da tripulación fixéronlle entrega a cada neno/a dun diploma acreditativo do seu bautismo de mar.

Aquí queda a tetemuña gráfica do acto. Só temos fotos de 4ºA, 4ºB e 3ºA. Cando lle chegou o turno a 3ºB....acabárase a batería da máquina!!!
MOI CONTENTOS
SUBINDO Á EMBARCACIÓN
PARECE QUE EVA TIÑA MEDO.....

xoves, 5 de xuño de 2014

CONVIVENCIA EN SARGADELOS. 4º NIVEL

Onte, mércores 4 de xuño, os cursos 4º, 5º e 6º nivel de Primaria fomos a Sargadelos para participar nas xornadas de convivencia que se celebran tódolos anos por estas datas.
Saímos ás 9:30 de Burela e percorremos andando os 5 km. de distancia que hai. Ninguén dixo que se cansaba ou que lle pesaba a mochila e é que xa son de 4º!! Case de 5º!!
Ao chegar a Sargadelos descansamos un pouquiño (algún xa quería comer daquela) e logo, por equipos, empezaron a participar nos distintos xogos que había: enceste do aro, carreira da auga, o paiaso lambón, brilé... 
Ás 12 paramos un pouco para comer o bocata do recreo e voltamos xogar ata as 13:30. A esta hora demos por rematados os xogos e todos, mestres/as e alumnado nos dispuxemos a comer. Xa tiñamos boa fame!!!
Foi un día inesquecible!!