martes, 16 de decembro de 2014

VIAXE A RIOTORTO

O pasado venres, o alumnado de 4º nivel acompañado polas súas profesoras, desprazouse a Riotorto para visitar un ferreiro e a fábrica de industrias cárnicas "O MAZO". Foi unha viaxe moi ben aproveitada, como demostran as fotos.

venres, 5 de decembro de 2014

sábado, 22 de novembro de 2014

3º NIVEL. RUTA SENDEIRISMO XOVE-A RIGUEIRA

Onte, venres, día 21 de novembro, os alumnos/as de 3º nivel acompañados polas súas mestras fixeron a ruta de sendeirismo denominada "RUTA DOS MUÍÑOS" que vai dende Xove ata A Rigueira. É un percorrido duns 7 km. aprox. que realizamos en 2 horas. 
Este percorrido vai sempre á beira do río Rigueira. É lineal e de moi baixa dificultade. Ao longo do sendeiro imos vendo distintas especies arbóreas: castiñeiros, carballos, salgueiros, árbores froiteiras...
Tamén vimos diferentes animais: cabalos, vacas, tenreiros...
Como estamos en outono, atopamos distintos froitos propios desta época: castañas, cogomelos, mazás...
Foi un fermoso, relaxante e proveitoso percorrido!!
Aí quedan as imaxes deste día:

mércores, 19 de novembro de 2014

luns, 3 de novembro de 2014

CASTIÑEIROS CENTENARIOS

A aula medioambiental GAIA, pertencente ao Concello de Burela, organiza tódolos cursos actividades para os colexios encamiñadas a concienciar ao alumnado da necesidade de coidar e respectar o medio ambiente. Dentro destas, encádrase a visita aos castiñeiros centenarios que ten Burela .
Foi para os nenos/as de 4º de Primaria.


venres, 31 de outubro de 2014

ACTIVIDADE DE 4º NIVEL

O alumnado de 4º de primaria realizou estes días pasados unha actividade que gustou moito tanto aos nenos/as coma ao profesorado.
A ONG, Ecos do Sur- Mestura realizou unha actividade dirixida a sensibilizar en materia de cooperación a nenos/as de 4º de Primaria.
Dita asociación está realizando en colaboración con ADANE- Mozambique o proxecto "Mellora nas condicións educativas e sanitarias da Escola e Centro Infantil HITAKULA das Mahotas, en Maputo (Mozambique)"
Foi todo un éxito!!


PROXECTO HITAKULA EN MOZAMBIQUE: