Aquí tedes un vídeo cortiño para repasar os contidos dados na clase:
Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar... Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar. Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés. Benvidos ao voso blog!!!
martes, 27 de outubro de 2015
ECOSISTEMAS
Estes días, en 4º nivel, andamos a traballar os ecosistemas. Ides ver como os nenos e nenas de 4ºB elaboraron uns moi chulos. Ides ver de todo: selvas, desertos, praias...
xoves, 15 de outubro de 2015
DOCUMENTAL SOBRE O LOBO
Un documental do famoso etólogo Félix Rodríguez de la Fuente sobre o lobo:
O LOBO
Este curso, dentro do proxecto proposto dende a Biblioteca do centro, imos traballar "A FAUNA GALEGA". En 3º e 4º niveis escollemos o lobo como animal a traballar durante todo o curso. Empezamos o proxecto preguntando aos nenos e nenas que sabían sobre este animal e estas foron algunhas das respostas:
Como vedes, saben moitas cousas xa sobre o lobo pero ao longo deste proxecto aprenderán moitas máis!!
mércores, 14 de outubro de 2015
ROSA CARAMELO
O conto ROSA CARAMELO seguro que o coñecedes xa que é moi popular. Aquí tedes unha versión do mesmo en vídeo. Que o desfrutedes!!
UNA BLANCANIEVES DIFERENTE
Aquí tedes o clásico conto de BRANCANEVES pero moi diferente ao que coñecedes.
Cal vos gusta máis?
mércores, 7 de outubro de 2015
VÍDEOS SOBRE VALORES
Aquí tedes uns vídeos moi curtiños e interesantes sobre valores como a tolerancia, a convivencia....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



