xoves, 17 de decembro de 2015

FELICITACIÓN NADAL 3º NIVEL

Aí vai a felicitación de Nadal dos nenos e nenas de 3º !!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe, seis nenos e nenas de 4º B foron á aula de Infantil de 5 anos (6º B) a representar para estes alumnos/as dous poemas dramatizados, dentro dunha proposta da biblioteca para este curso chamada "Apadriñamentos Lectores", que consiste en que o o alumnado de 3º a 6º irá ás aulas dos máis pequenos para contar contos, ler poemas...

martes, 15 de decembro de 2015

OS ECOSISTEMAS DE 4ºA

Os nenos e nenas de 4ºA estiveron ao longo destes días traballando na elaboración duns ecosistemas. Fixérono en equipo e conseguiron realizar unha selva, un bosque, un mar, un deserto e un ecosistema polar.
Quedárolles moi ben.
 Mirade e escoitade!!

venres, 11 de decembro de 2015

RUTA DOS MUÍÑOS. 3º NIVEL

En días pasados, o alumnado de 3º nivel acompañado das súas titoras Elena e Lucía fixeron unha fermosa ruta de sendeirismo: a RUTA DOS MUÍÑOS no concello de Xove. 
Esta andaina de case 6 km. de lonxitude transcorre á beira do río e vai dende Xove ata a igrexa de S. Antonio da Rigueira. Ao longo do percorrido os nenos e nenas poideron contemplar varios muíños, algúns restaurados; animais diversos coma vacas, cabalos, ovellas, paxaros...e tamén contemplaron distintas especies arbóreas: carballos, castiñeiros...
Despois de chegar, recuperaron forzas comendo no entorno da igrexa e xogando por alí.
Pasárono xenial!!


CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celebramos o día da eliminación da violencia contra as mulleres. Uns días antes desta data, viñeron ao noso cole a monitora de GAIA, Begoña Romo acompañada da psicóloga do concello para impartir aos nenos unha pequena charla sobre violencia de xénero.


Deixaron un mural coa silueta dunha muller na que os diferentes cursos de 3º, 4º, 5º e 6º fomos pegando unhas mensaxes rexeitando a violencia contra as mulleres.

O día 25, despois do recreo, achegáronse ao cole a concelleira de  cultura Patricia Otero e a monitora de GAIA, Begoña Romo e explicáronlles aos nenos/as o motivo desta homenaxe ás mulleres maltratadas.

Un representante de cada equipo, voluntariamente, defendeu a mensaxe que previamente colocara no panel, explicando o significado da mesma.


Logo entregáronlles un ramo de flores que recolleu un neno de cada curso como símbolo da loita contra a violencia de xénero.

AQUÍ VEMOS A NENOS E NENAS DE 3º ESCRIBINDO AS SÚAS MENSAXES CONTRA A  VIOLENCIA DE XÉNERO:






mércores, 25 de novembro de 2015

VIAXE A RIOTORTO DE 4º NIVEL

Na mañá de hoxe, 25 de novembro, os alumnos/as de 4º, desplazáronse ao concello de Riotorto para visitar as instalacións de Industrias cárnicas "O MAZO". 
Alí tiveron a oportunidade de observar distintas salas adicadas ao despedazamento, embutidos e salazón dos porcos.
Ao rematar a visita, déronnos un agasallo : chourizos elaborados de xeito artesanal....ummmm...que ricos!!



ESTABAN ESPERÁNDONOS



SALA DE DESPECE

SALA DE EMBUTIDOS

luns, 23 de novembro de 2015