Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar... Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar. Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés. Benvidos ao voso blog!!!
xoves, 7 de xaneiro de 2016
AS ROCHAS
PARA SABER MÁIS SOBRE AS ROCHAS
AXIÑA CHEGA O ENTROIDO!!
AQUÍ TEDES DOUS VÍDEOS SOBRE AS FIGURAS MÁIS TÍPICAS DO ENTROIDO GALEGO:
martes, 5 de xaneiro de 2016
OS VOLCÁNS
Para saber máis sobre os volcáns:
COMPRENSION ORAL E ESCRITA.
Aquí tes un montón de contos en galego para escoitar.
Logo podes responder as preguntas.
Pincha AQUÍ
luns, 4 de xaneiro de 2016
sábado, 19 de decembro de 2015
MELISSA FÁLANOS DE PERÚ EN 4º B
Dentro do proxecto proposto para este curso dende a biblioteca do colexio, está a colaboración das familias que así o desexaron para vir ás aulas contar aos nenos/as contos, lendas, anécdotas da súa infancia...etc.
Neste caso tivemos a oportunidade de contar cunha irmá do alumno de 4º B, Kevin Romero Peña. Este alumno, nacido en Burela, é fillo de pais peruanos e foi a súa irmá Melisa, nacida no Perú e que veu a España con 15 anos,a que nos veu falar de como celebran o Nadal no seu país de orixe.
Os alumnos/as facíanlle preguntas as que respondía. Non solo lles falou de como celebraban o Nadal en Perú,senón tamén da xeografía do país, de que era unha zona sísmica onde se producían a menudo terremotos e volcáns. Tamén lles dixo que practicaban dúas relixións maioritarias, que se falaban distintas linguas...etc, etc...
Foi unha charla moi amena e que os nenos e nenas escoitaron moi atentos, facendo moitas preguntas e coa que aprenderon moitas cousas sobre ese país.
Moitas grazas, Melisa!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

