xoves, 23 de febreiro de 2017

SAÍMOS NA RADIO!!

Outra vez o alumnado de 3º nivel saímos en Radio Burela. Desta vez por medio de Proxecto Neo recitamos uns poemas de Rosalía de Castro xa que o día 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA.
(As voces dos alumnos/as aparecen no minuto 21 pero vale a pena escoitar todo o programa)

mércores, 8 de febreiro de 2017

OS BOLECHAS

Como este curso ímonos disfrazar de Os Bolechas no cole, aquí tedes unha imaxes por se non lembrades como van vestidos.


venres, 3 de febreiro de 2017

MOMENTOS DE 3ºA

Ao longo do día na escola facemos multitude de actividades. Aquí queda a proba dalgún deses momentos escolares:

sábado, 14 de xaneiro de 2017

XOGOS PARA O DÍA DA PAZ

(Imaxe de Orientación Andujar)
Como se achega o día da PAZ, no seguinte enlace tes xogos: puzzles, sopas de letras...relacionados con esta data. 
Pincha AQUÍ

sábado, 17 de decembro de 2016

OS NENOS E NENAS DE 3º NIVEL EN RADIO BURELA!!


GRANDES VOCES DO NOSO MUNDO

 Programa musical de Radio Burela, dirixido por Marco Pereira. Un espazo dunha hora semanal, emitido todos os venres entre as sete e as oito da tarde. Unha iniciativa feita desde a Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes voces do noso mundo.
O alumnado de 3ºA e 3ºB participou neste programa de radio cantando unhas panxoliñas.
ESCOITADE!