Hoxe celebramos o Magosto no cole.
Comemos castañas, participamos en moitos xogos...Pasámolo ben!!
Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar... Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar. Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés. Benvidos ao voso blog!!!
venres, 17 de novembro de 2017
sábado, 11 de novembro de 2017
MOMENTOS
Estes son algúns momentos da clase de 4º A: moi concentrados/as traballando, practicando a expresión oral...
domingo, 5 de novembro de 2017
PDI de 4º nivel: BARREIROS
O curso anterior, empezamos a traballar o PDI (Proxecto Documental Integrado) titulado "A NOSA COMARCA". Dentro deste, nós estudamos Lourenzá o curso pasado.
Continuando co mesmo PDI, xa que o curso anterior non abarcamos tódolos concellos da Mariña Luguesa, este ano imos traballar en 4º nivel o concello de BARREIROS.
Con tal fin, subimos uns vídeos para que o alumnado teña unha primeira visión do concello que se vai traballar.
domingo, 1 de outubro de 2017
EXPERIMENTANDO COAS PLANTAS
A semana pasada realizamos un experimento que consistíu no seguinte:
A partires dunhas sementes que nos proporcionou a editorial SM pegadas a un papel, fixemos a plantación das mesmas seguindo as instruccións que nos daban:
1º.- Por equipos e nunha bandexa puxemos o papel onde están as sementes:
2º.- A continuación botamos auga e deixámolas así toda a noite.
4º.- Ao día seguinte, cubrimos con terra:
5º E agora, con paciencia ...a esperar!!
martes, 26 de setembro de 2017
xoves, 21 de setembro de 2017
BENVIDOS/AS AO CURSO 2017/18
Ola de novo!! Rematadas as vacacións de verán aquí estamos de novo empezando outro curso escolar.
As mestras de 3º e 4º de Primaria desexamos que sexa un curso moi positivo para todos e todas no que desfrutemos, aprendamos e nos divirtamos xuntos.
Para comenzar aquí tedes un vídeo sobre a visita que o alumnado de 4º nivel realizou ao Concello de Burela con motivo da SEMANA DA MOBILIDADE
Do 16 ao 22 de setembro celébrase en toda Europa a Semana da Mobilidade. Trátase dunha iniciativa promovida pola Comisión Europea co fin de promover unha mobilidade máis sostible e saudable dando prioridade aos desprazamentos a pé, en bicicleta ou en transporte público para mellorar tamén a calidade de vida das cidades e o coidado do planeta cun uso responsable, sostido e eficiente dos recursos.
Deste xeito os nenos e nenas de 4º nivel acompañados por unha monitora da aula medioambiental GAIA e polas súas titoras, desprazamonos camiñando ata a Casa do Concello respectando sempre os semáforos, pasos de cebra...
Xa no consistorio, fomos recibidos polo xefe da Policia Local que nos amosou uns vídeos sobre o comportamento na rúa, cando imos en bici...
Visitamos distintas dependencias do Concello: Salón de Plenos, cocellaría de Servizos Sociais, calabozos...
A policía local deixou aos nenos e nenas subir nas súas motos e coches, usar as sirenas...Que ben o pasaron!!
Tamén nos veu visitar o Sr. alcalde e varios concelleiros e ata nos regalaron un pin e unha piruleta!!
sábado, 1 de xullo de 2017
METAMORFOSE DO VERME DE SEDA
En 4º B observaron este curso a metamorfose do verme de seda.
Aquí podemos ver a última parte do proceso, cando xa o verme é un casulo de seda, se converte en boblboreta, se aparea (enseguida se atoparon un macho e unha femia) e a femia puxo inmediatamente un montón de ovos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
