mércores, 25 de abril de 2018

APADRIÑAMOS

O luns día 23 con motivo da celebración do Día do Libro realizamos no cole a actividade "Apadriñamentos Lectores" promovida polo equipo de biblioteca.
O alumnado de Primaria (dende 3º a 6º) apadriñou/amadriñou aos nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º realizando unha lectura no exterior do centro.
Ao remate, os afillados/as obsequiaron aos seus padriños/madriñas cun agasallo feito por eles.
Como o curso pasado, a actividade foi todo un éxito.

mércores, 18 de abril de 2018

VISITA DOS AFILLADOS E AFILLADAS DE E. INFANTIL

Onte tivemos unha visita moi especial: os nenos e nenas de E. Infantil (5ºB) viñeron á nosa aula de 4ºA para coñecer aos seus padriños e madriñas que o vindeiro día do Libro lles van a ler un conto dentro da actividade de Apadriñamentos Lectores organizada dende a biblioteca do centro.
Estivemos encantados de recibilos xunto a súa mestra Rocío. Os seus padriños e madriñas presentáronse e faláronlles un pouco do conto que lles van a ler o luns, 23 e eles faláronnos dun proxecto que están realizando sobre tribus da selva amazónica. Cantas cousas nos contaron que non sabiamos!!!

EXPERIMENTO

Hoxe quixemos separar unha mestura. Fixémolo polo método de filtración:
Mariama botou auga nun vaso
Xoel engadiu sal
Entre David e Iria colaron a auga

Comprobamos como a auga está no recipiente negro e o sal quedou no coador.A filtración resultou!!




EXPERIMENTO

Hoxe quixemos demostrar que o aceite e a auga non se mesturan por moito que remexamos!!

Adrián botando auga nun vaso
Alex engadiu o aceite
Así quedou!!
Martín remexeu e remexeu...
Pero o aceite e a auga non se mesturaron.



xoves, 12 de abril de 2018

EXPERIMENTO

Hoxe quixemos demostrar que o aceite ten menos densidade que a auga  e polo tanto non se mestura con ela, se non que queda flotando. Pola contra, o mel si que se mestura coa auga e ten maior densidade por iso vai ao fondo.
Así foi o noso experimento:
 1.- Necesitamos auga, aceite, mel, un vaso e unha culler.
 2.- Botamos primeiro o mel no vaso:
 3.- A continuación, botamos unha pouca de auga:
 4.- Agora botamos o aceite:
 5.- Así quedou: vense os tres ingredientes. O mel como ten maior densidade vai ao fondo e o aceite queda enrriba.
 5.- Agora remexemos ben a mestura:
 6.- E remexemos...
 7.- Resultado: o mel mesturouse coa auga pero non o aceite que queda na superficie

xoves, 22 de marzo de 2018

4º A, GANADORES DO CONCURSO "QUE ÁRBORE É?"

O curso 4ºA foi o ganador do concurso "Que árbore é?", ao adiviñar a través dunha serie de pistas que se foron poñendo ao longo de catro días, que era a nogueira a árbore da que se falaba. 
Como premio, recibiron un diploma para a aula e plantaron un salgueiro chorón e unha cana de azucre.
Noraboa!!







mércores, 21 de marzo de 2018

VIAXE A RIOTORTO E BARREIROS

Onte realizamos a viaxe que tiñamos pendente do 1º trimestre á fábrica de Cárnicos Río (O Mazo) en Riotorto e tamén fixemos a ruta de sendeirismo ao Santo Estevo do Ermo (Barreiros)

VIAXE A RIOTORTO:


 

COMENDO NO COLEXIO DE RIOTORTO :



SANTO ESTEVO DO ERMO:

 OUTRAS FOTOS: