domingo, 27 de setembro de 2015

CANCIÓN DOS PLANETAS

Para axudarvos a aprender o nome dos planetas, aquí tedes esta canción. 
Ala!! A cantar!!

mércores, 23 de setembro de 2015

VISITA DA POLICIA LOCAL

O mércores día 16 de setembro, dentro das actividades programadas para os colexios pola aula GAIA do Concello de Burela, acudiron ao noso cole representantes desta aula e un membro da Policía Local que lles explicou aos nenos e nenas de 4º nivel aspectos fundamentais da circulación viaria, como a seguridade, as normas...e ao mesmo tempo agasallaron a todos e a todas cun conto relacionado co tema.
Foi ben interesante!!!





mércores, 9 de setembro de 2015

DOCUMENTAIS

Aquí tedes uns documentais sobre animais que seguro que vos gustan:







BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2015/2016


  • Ola de novo a todos e todas, nenos e nenas de 3º e 4º nivel. Benvidos ao novo curso escolar. Comezamos outra vez cheos/as de ilusión, de ganas de aprender cousas novas, de compartir vivenzas cos compañeiros e compañeiras...Agardamos que sexa un curso moi fructífero en tódolos sentidos. Dende este blog iremos coma sempre publicando o traballo que facemos, as viaxes que imos realizar...Agardamos que tanto vós así coma os vosos pais lle botedes unha ollada de cando en vez.
  • Para comezar imos poñer os nomes das mestras titoras que ides ter este curso:
  • 3º A: Lucía
  • 3º B: Elena
  • 4º A: Lilí
  • 4º B: Mª Carmen
  •  Ademais, teredes en Relixión a Fe, en E. Física a Javier, en Música a Xesús e en Inglés a Carme Panizo.
Para comezar, tedes aquí uns curtos para visionar:

























luns, 7 de setembro de 2015

LIBROS DE TEXTO










ESTES SON OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO:

PARA VER OS DE 3º NIVEL, PINCHA AQUÍ


PARA VER OS DE 4º NIVEL, PINCHA AQUÍ

luns, 29 de xuño de 2015

BO VERÁN!!





Rematamos este curso 2014/2015. Todos e todas nos merecemos unhas vacacións porque durante o curso traballamos, xogamos, viaxamos, aprendemos....e agora estamos algo cansos/as.
Todolos mestres e mestras que vos demos clase en 3º e 4º nivel desexámosvos un feliz verán.
Vémonos en setembro!!

xoves, 18 de xuño de 2015

VISITAMOS "ESPAZO CARITEL"

O día 12 de xuño, os nenos e nenas de 3º nivel e as súas mestras visitamos "ESPAZO CARITEL", un lugar que se atopa en S. Martiño (Foz) ideado polo artista DANIEL CAXIGUEIRO e que está formado por unha sala de exposicións que no seu baixo alberga o taller do propio artista e un xardín de máis de 3000 metros cadrados que acolle especies do máis diversas.
No xardín atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona. A grande xoia deste xardín é unha colección de máis de 100 camelias de diferentes especies.
Tamén aproveitamos para visitar a basílica e contámoslles aos nenos as lendas do BISPO SANTO e a da FONTE DA ZAPATA.

Na basílica e na fonte da Zapata:



















No taller do artista e na sala de exposicións:











OS XARDÍNS: