MAMASIÑA
QUE MEDO!!
I
ACTO
CELIDONIA: Ai, ai,
ai! Vaia trompada levei! Teño que reparar a vasoira, vai vella coma
min. Ai, ai Vou ver onde caín, a ver se acertei co sitio. Eh,
vostedes (Dirixíndose ao público)
Estou en Xalundes, non sí? Si,isto é Xalundes. Ai, doeme o lombo!
Vou sentar neste curruncho mentres agardo polas miñas comadres.
(Celidonia
vai cara a un curruncho da escena e senta no chan. Aparecen cinco
cegos cantando. Tras deles van chegando os paisanos)
CEGO
1: Miñas donas, meus
señores,
aquí
estamos cinco cegos.
Vimos
contar unha historia
Ai
mamasiña que medo!
CEGA
2: Con meigallos e
pantasmas
neste
arrepiante castelo
vive o
xigante Xuvenco
Ai
mamasiña que medo!
CEGA
3: Papou ao cura e ao
alcalde
quere
papar aos veciños,
escapade
meus amigos
Ai,
mamasiña que medo!
CEGO
4: Ten Xuvenco grandes
dentes
e
grandes ollos funestos
Ten voz
de trono arrrepiante,
Ai
mamasiña que medo!
CEGO
5: Cando chega a noite
pecha,
sae o
Xuvvenco famento,
papa ao
primeiro que atopa
Ai
mamasiña que medo!
CEGO
1: Logo de papar á xente
e co
bandullo xa cheo
déitase
cun ollo aberto
Ai
mamasiña que medo!
CEGO
2: Espiando
todo o día
este xigante noxento
quere paparnos a todos
Ai mamasiña que medo!
CEGO
3: E
ídevos preparando
todos os deste colexio
está chegando Xuvenco
Ai
mamasiña que medo!
CEGO
4: Quen
se tope co xigante
pode facer testamento,
nós fuximos por se acaso
Ai
mamasiña que medo!
CEGO
5: Nós
xa nos imos correndo
que lle temos moito medo
veña, compañeiros, veña,
Ai
mamasiña que medo!
CELIDONIA:
Bah! Andrómenas! Paparruchas!. Quen vai crer semellante historia?
PAISANOS:
Nóoooooooooos!
CELIDONIA:
Pero
que clase de xente vive aquí? Se ese conto non asusta nin aos
meniños! Cantas burradas! Sodes todos uns cagainas! Sí, señor!
Unha galiñas! Uns...uns...
RAPAZ
1: Alto
aí! Un momentiño! Desculpe, pero non imos consentir que unha
forasteira veña facernos burla.
MULLER
1: Iso!
Que os aquí presentes, habitantes todos deste lugar, ben sabemos que
o de Xuvenco non é un conto!
MOZA
1: Ai!
Non digas o seu nome que me desmaio! (Fai
xestos coma se se fose desmaiar)
MOZA
2: A
min, cando oio o nome de Xuvenco...dame un picor...! (Ráscase)
RAPAZ
2: Calade,
que se dicides o seu nome, espirro....(Espirra)
MULLER
2: Pois
eu, é dicir o seu nome e choro os sete chorares!... (chora)
PAISANOS:
Ai,
ai, ai ai......(chorando..)
CELIDONIA:
Alto!
Que se tedes pensado pingar o moco moito tempo, eu marcho. Non
soporto os melodramas!
MULLER
1: E...
quen é vostede se non é moito preguntar?
CELIDONIA:
Ah! Desculpen! Son Celidonia Colondra, bruxa profesional. De aí que
non me impresionen as historias de ogros nin xigantes, por moi
lambóns que sexan.
PAISANOS:
Ohhhh! Unha bruxa!!
RAPAZ
1:
E que veu facer aquí?
CELIDONIA:
Pois, como sabedes, as bruxas facemos de cando en vez unha xuntanza,
cando hai lúa chea. Sempre buscamos un lugar solitario, coma este.
Pero polo que vexo, cheguei a primeira....De seguro que as outras
pillaron atasco.
MULLER
3:
Pois si que é curioso, porque aquí hai tempo que non chegan
visitas. Nin os mosquitos veñen.
CELIDONIA:
Moito mellor! A min aseguráronme na axencia de viaxes que aquí non
había nin turistas nin mosquitos, porque nunha noite de bruxas non
hai nada máis molesto que os mosquitos e os turistas facendo fotos.
MOZA
3.
Acougue señora, que aquí turistas non hai.
MOZA
4: E
como vai habelos? Chegaron e os moi tontos, ao ver o castelo dixeron:
Ohhh, é precioso! E aló foron.
RAPAZ
1:
Pobres turistas! O xigante papounos a todos!
CELIDONIA:
Pero teredes que facer algo...Non hai un rei que vós defenda?
MULLER
2:
Claro que tiñamos un rei, pero....vostede non se enterou do que lle
pasou?
CELIDONIA:
Non, que llle pasou?
MULLER
2: O
xigante papouno tamén!!!
CELIDONIA:
E o alcalde? E a presidenta da ANPA? E o director do colexio?
RAPAZ
2: Papounos
a todos!!
MULLER
3.
Ai... calquera día pápanos a nós tamén!!
(De
súpeto soa unha campá e todos calan)
CELIDONIA:
E
que pasa agora? Tédeslle medo tamén ao cura ouh?
MOZA
3:
Non...ao cura papouno hai tempo. Esa campá puxémola nós na porta
do castelo para saber cando sae..
MOZA
4:
E máis lle vale correr, por que lle aseguro que ao xigante tanto
llle ten un menú coma outro. Todo lle sabe!
MULLER
1: Que
facedes aí parados? Correde!!
CELIDONIA:
Eu non dou moito creto a esta historia, pero por se acaso...arre
vosoiriña, imos voando!. (A
vasoira non voa)
Oehh! Dixen arre vasoira! (Pausa,
non se move) Ai,
xusto agora que vén o xigante!
(De
súpeto, aparece un morcego enorme. Os dous berran co susto)
MORCEGO:
Que
fas desgraciada? Non tes medo do xigante?
CELIDONIA:
Mamasiña! Do xigante non sei, pero ti....ti es enorme...!!
MORCEGO:
Pois o xigante Xuvenco é descomunal! Pero hoxe tiveche sorte porque
se atopa moi enfermo e non pensa deixar a cama. Mandoume a min para
que viñese buscar un médico.
CELIDONIA:
Ai, meu pobre! E de que mal padece?
MORCEGO:
Non cho vou dicir, que logo todo se sabe e perdéselle o respecto.
Veña! É urxente localizar un médico!
CELIDONIA:
Un médico! Hai algún médico na sala?
RAPAZ
1:
( Dende o patio de
butacas)
Que vai haber! Papouno!
MORCEGO:
(Preocupado)Pois
vou aviado. Que vou facer? O xigante está moi maliño...
(
Pensa, bótalle unha ollada a Celidonia)
E vostede...non é por molestar, pero con esa pinta.... Non será
vostede unha bruxa?
CELIDONIA:
Si, señor, son. Pero se pensa que podo axudalo, está equivocado.
Son vella e estou desmemoriada. Xa non me lembro de receitas máxicas.
Pero mire, por aí veñen as miñas comadres, seguro que elas han de
poder axudarlle.
(
Entran as outras dúas bruxas. Chincha, bruxa tradicional e
chincheta, noviña e moi moderna)
CHINCHA:
Celidonia! A miña comadre! A veterana de todas as meigas
chuchonas!(Dalle
unha aperta)
CELIDONIA:
Chincha! Canto tempo! Pero...esta é a pequena Chincheta, a miña
afillada?
CHINCHA:
A mesma. Esta é a súa primeira noite de bruxas.. Está tan
ilusionada! Quere aprender o oficio!
CELIDONIA:
E por que leva esa pinta?
CHINCHA:
A xuventude, xa sabes...Ademais está a facer unha carreira nunha
universidade extranxeira.
CHINCHETA:
Os meus estudos céntranse nas novas tecnoloxías.
CHINCHA:
Dígoche eu, comadre, que as bruxas coma nós temos xa pouco
futuro...
CELIDONIA:
E menos que imos ter se seguimos aquí. Aló enriba vive un xigante
que din que come ao mundo enteiro. Eu teño a vasoira estropeada, así
que temos que ir na túa. Ala, arrinca, ímonos.
CHINCHA:
Non pode ser, Celidonia, non teño vasoira.
CELIDONIA:
E
a túa vasoira, Chincheta?
CHINCHETA:
Ai madriña, eu non teño carnet da conducir!
MORCEGO:
Eh,
non marchen! Teñen que axudarme. Agora mesmiño veñen comigo ao
castelo e preparanlle un bebedizo máxico ao meu señor.
CELIDONIA:
Aló enriba? Nin de broma!
CHINCHA:
Pois
a min pícame a curiosidade...
CHINCHETA:
(Soñadora)
Se
cadra é un príncipe...
CELIDONIA:
Ai,
nena, que parvadas se che ocorren!
CHINCHA:
(A Celidonia)
Deixa, son cousas da idade. Veña, imos arraxar a túa vasoira.
CELIDONIA:
(Berrando
cara ao público) Mecánicoooo!
Hai algún mecánico na sala?
(Entran
dúas mecánicas, con cadansúa caixa de ferramentas)
MECÁNICA
1: Imos
ver...(inspeccionan
a vasoira) motor
estragado..., tren de aterraxe escachado...ui...esto está moi mal...
MECÁNICA
2:
E as buxías...fíxate como as ten...Penso que é mellor levala ao
taller.
MECÁNICA
1:
Si...(dirixíndose
a Celidonia) e
hoxe non lla vamos poder amañar. Temos moito traballo.
MECÁNICA
2:
Mira, mira (berra,
dirixíndose á outra mecánica)
Isto si que é grave! Ten piollos!
(As
dúas miran a vasoira, asombradas)
MECÁNICA
1:
Piollos? Ti estás segura? Ai, si, xa os vexo! Piollos!
CELIDONIA:
Ah...eso é normal! Hai quen ten un gato ou un can, pois eu teño
piollos de toda a vida!
MECÁNICA
2:
Pois o caso é que así non lla podemos amañar.
MECÁNICA
1:
Non podemos, os piollos roeron o motor. Ten que mercar outra vasoira.
Agora mesmo o goberno está dando axudas para cambiar de vehículo.
Así que pode aproveitar, se quere. (Estende
a man)
Son douscentos euros.
MECÁNICA
2:
(Estende a man) Iso,
100 para cada unha.
CHINCHA:
(Aplaudindo)
Xa sei! Se poñemos a todos os piollos de acordo para dar un chimpo a
un tempo, poderemos subir ata o castelo.
CELIDONIA:
Boa idea, Chincha. (Soben
as tres na vasoira)
CHINCHA:
Piolliños
todos! Unha...dúas...tres!
CHINCHETA:
Celidonia, mete a segunda!!
(Ruído
de motor. Berros de ledicia das bruxas)
MECÁNICA
1 e MECÁNICA 2:
Eh...!! E quen nos paga a nós o desprazamento?
hola son carla solo falta o segundo acto pero grazas por colgar a obra de teatro
ResponderEliminarO segundo acto está en preparación, Carla. Loguiño o habedes poder ler tamén...
ResponderEliminarHola son Angela de 4ºA a min gustame moito esta obra de teatro porque e moi graciosa,e tamen gustoume que a colgaras no teu blog.Porque asi podemos vela todos.
ResponderEliminarNon vas colgar no teu blog o segundo acto?
ResponderEliminarhola son daniela.
ResponderEliminarvas colgar o segundo acto no blog?
Encantame a obra de teatro ojalá ubiera 3 acto. Son Cristina
ResponderEliminarVas colgar no blog o segundo acto da obra de teatro ''MAMASIÑA QUE MEDO''
ResponderEliminarPerdón por non poñer interrogación.
ResponderEliminarEncantame os dous actos pero aínda que non salgo aínda gustame mais o 2ºActo.Bueno gustanme os dous pero ese é o que mais me gusta.
ResponderEliminarAgora que estou comentando...elexiches o vampiro do segundo acto????
ÁNGELA ENRÍQUEZ PERALTA
Hola soy daniela estoy esperando a que llegue la actuacion de verdad y ya tengo el ordenador portatil para chincheta pero le va a quedar un poquito grande pero lo voy a traer solo si me dejan papa y mama
ResponderEliminarDANIELA ENRIQUEZ CANOURA