II
ACTO
CEGO
1: Dereitiñas ao perigo...
CEGA
2: E axudadas polo vento...
CEGA
3: Chegan as tres bruxas
tolas...
CEGO
5: Ai mamasiña que medo...!!
TODOS
OS CEGOS: Ai mamasiña que
medo!!
(
Vanse os cegos. Escoitase
un golpe. Laios e queixas das bruxas. Entran en escena)
CELIDONIA:
Ai, ai que golpe! E un dente
menos!!
CHINCHA:
É a noite de bruxas máis emocionante da miña vida!
CHINCHETA:
Morcego, onde está ese
príncipe encantado de xigante?
MORCEGO:
Non é un príncipe encantado!
É o meu señor, o xigante Xuvenco e, advírtolle, mociña, que non
lle gustan os bicos nin as carantoñas!
CELIDONIA:(dando
un salto) Ai! Picoume un
bicho!
CHINCHA:
Sería un dos piollos!
CELIDONIA:
Non, Chincha, non é un piollo.
Semella a picadura dun mosquito. Vanme encher o corpo de granos.
(De
súpeto, todas rascan o corpo)
CHICHA:
Ai! Picoume a min tamén! Demo de mosquito!
CHINCHETA:
Se cadra non é un mosquito.
Pode ser tamén un príncipe enmeigado que semella un mosquito e...
CELIDONIA:
Oi, Chinchetiña, escoita ben a
túa primeira lección nunha noite de bruxas! Os príncipes
encantados non existen, porque as bruxas temos máis que facer que
andar enmeigando e desenmeigando a realeza! Asi que se queres andar
por aí bicando mosquitos, xigantes ou morcegos, alá ti. Pero eu, se
vexo ese mosquito...esmágoo sen miramentos!
CHINCHETA:(Chorando)
O meu príncipe-mosquito
esmagado! Ai, ai, ai...
CHINCHA:(Consolando
a Chincheta) Celidonia,
muller, non sexas tan bruta que a rapaza está sensible. Que está na
idade do pavo, caramba!
CELIDONIA:(cabreada)
Pois que aprenda dunha
vez que somos bruxas! Que se deixe de pensar en príncipes, eses son
para as princesas!!
MORCEGO:Remataron
xa a discusión? Pois vale. Vou buscar o meu inmenso señor, o
xigante Xuvenco.
CHINCHA:
Vale, vale. Aquí agardamos.
(Vaise o morcego)
CHINCHA:
Ai que emoción!
CELIDONIA:
Que fera terrible está a
piques de aparecer!
CHINCHETA:
Ai mamasiña, que medo!
(Entra
de novo o morcego con moita solemnidade)
MORCEGO:
Miñas
donas, meus señores, aquí chega o meu inmenso señor, o xigante
Xuvenco!
(Música...as
bruxas medosas agáchanse unhas tralas outras, tapando os
ollos...aparece o xigante...decepción...é pequeño, a roupa venlle
grande.)
CHINCHA:
Eh?? Que xigante é vostede? Que broma é esta?
XIGANTE:
Non é broma ningunha. Eu son o
xigante Xuvenco. É a miña doenza é esta:estou encollido!
BRUXAS:
Ohhh!!
CELIDONIA:
Lavaríase moito. Eu por iso
non me baño nunca.
XIGANTE:
Non señora, non. Foi así, sen
máis. Espertei pola mañá e xa estaba pequerrecho. Xa ven, nin
xigante, nin nada. Ata me encolleron os calzóns!
CHINCHETA:
Oh, está clarísimo! Antes era
vostede un xigante porque estaba enmeigado e agora volve ser un
príncipe normal!
XIGANTE:
Pero que di esta tola? Eu son o xigante Xuvenco e non un príncipe!
CHINCHA
E CELIDONIA: É a idade do
pavo!
XIGANTE:
Vale, pero eu preciso ser un
xigante de novo e non consinto que me tomen o pelo. A ver...que
remedio traen para min?
(Sinala a maleta de Chincha)
CHINCHA:(Remexendo
na maleta)
Ai, meu neniño! Hai 30 anos levabamos toda clase de bebedizos
máxicos. Agora só temos para as dores da reuma...
CELIDONIA:Para
a vesícula...
CHINCHETA:
Para o mal de amores...
CHINCHA:
Para o colesterol...
CELIDONIA:
Para o ácido úrico...
CHINCHETA:
Para o acné xuvenil...
XIGANTE:
Bastaaaaa!!
CELIDONIA:
E o termo co caldiño quente. Para xigantes encollidos, non levamos
nada.
CHINCHA:
É mira que tiña eu ganas de ver un xigante de verdade!
XIGANTE:
Morcego! (Sinala a
maleta de Chincha)
Bota fóra da miña vista toda esta cacharrada. E fai que se vaia
este montón de tolas! Ai de mín, que desgracia!! (O
morcego colle a maleta de Chincha)
CHINCHETA: Se cadra eu podo
atopar algo...
CHINCHA: Non, filliña, que vas
poder! Ti es aínda moi nova. Non te preocupes por este
desagradecido.
CHINCHETA:
Eu domino as novas tecnoloxías. E teño aquí o meu ordenador
portatil. (Abre o maletín e saca o portatil)
CELIDONIA: Bohhh!! Canta
trapallada inventan hoxe en día. Onde se poña un bebedizo
máxico....
CHINCHETA: Mira madriña, aquí
vou escribir o problema que ten Xuvenco:” Xigante encollido..”
ves? En google, e agora “intro”. Mira, mira, aquí está a
solución, aí tes o que lle pasa ao xigante.
CELIDONIA: Nena, non vexo sen
gafas. Le, anda.
CHINCHETA: Pois di que ao
xigante lle chuparon o sangue e por iso encolleu.
CHINCHA: Que lle chuparon o
sangue? Ai xesús!!
XIGANTE: Así que hai alguén
neste castelo que anda matando a sede á miña conta! Vou dar
contigo, bicho piolloso, sexas quen sexas e te agoches onde te
agoches!!
(Música
de medo, soan as campás de medianoite e sae dun baúl o vampiro
Ramiro)
VAMPIRO: Boas noites! E a ver
se fan menos barullo,que así non hai quen pegue ollo!
XIGANTE: Socorro!! Un vampiro
chuchasangue!
CELIDONIA: Ramiro!
VAMPIRO: Celidonia!
CELIDONIA: Ven aos meus brazos,
Ramiriño do meu corazón!!
VAMPIRO: Dame unha aperta,
Celidoniña, meu amor! (Danse unha aperta)
CHINCHETA: Coidado, madriña,
que é un vampiro e os vampiros chuchan o sangue!
CELIDONIA: Que vai chupar! Este
é o meu Ramiro. O único sangue que chupa é o das
filloas no entroido.
XIGANTE: Un momentiño, un
momentiño! Que lle deu permiso a vostede para instalarse aquí? Por
moi inofensivo que sexa, o castelo é meu.
RAMIRO: Vostede perdoe, pero
pensei que isto era unha casa de turismo rural.
XIGANTE: Nada, nada. Fóra,
fóra, que esto xa parece unha feira.
CELIDONIA: Adeus, Ramiro!
RAMIRO: Adeus, Celidonia!
Levareite sempre no meu corazón!
(Vaise
o vampiro Ramiro. Logo Celidonia ponse a bailar soa)
CELIDONIA: Ai! Síntome nova
despois de atopar o meu amor!!
CHINCHA: Celidonia, muller, ten
un pouco de sentidiño que xa non eres unha mociña!
CELIDONIA: Ai, pois eu síntome
coma unha rapaciña! Ata me lembro agora da maneira de facelo
bebedizo para curar xigantes. Neste caso, para agrandar a este!!
XIGANTE: Ooooohhh!! Que ben!!
Axiña, Morcego, trae os cacharros!
(O
morcego pon a maleta dos cacharros de Chincha enriba da mesa.
Celidonia non para de bailar)
CHINCHA: Veña , Celidonia, que
esto xa está. Que boto aquí?
CELIDONIA: Bota un chisquiño
de xabón de largato que boa falta lle fai. Agora un pouco de
laranxada, unhas bágoas de crocodilo e ...Pichiclán! Xa está!
CHINCHA: Que boa pinta ten!
XIGANTE (Mirando
o que hai na pota) Puaf! E teño que beber esa porcallada?
CELIDONIA:
Si, pero hai que deixalo repousar un pouco. Non vai fallar.
CHINCHETA:
Hurra,
somos bruxas outra vez!!
(As
bruxas bailan contentas)
XIGANTE.
Ha,
ha, ha....E eu vou ser de novo un terrible xigante! Ha,ha,ha!
CHINCHETA:
Alto aí! Pensar seguir por aí papando á xente? Non aprendiche nada
de toda esta historia?
XIGANTE:
E
que tiña que aprender? Eu sempre fun un xigante canalla e malvado e
non me veñas ti agora con leccións. Eu son como teño que ser.
CHINCHETA:
Pois
todo o mundo aprende algo. Eu hoxe aprendín que un xigante
mingurrias coma ti non merece ter amigos que lle boten unha man.
CELIDONIA:
Acouga, Chinchetiña, que en canto beba o preparado vaise convertir
nun xigante grande de corazón.
XIGANTE:
Como que grande de corazón? E de corpo?
CHINCHA:
Non te queixes. A grandeza de corazón é o mellor que pode ter unha
persoa.
XIGANTE
(pensativo):
ben mirado...levades razón. Eu vivía aquí só co meu morcego.
Calquera día papábao a el tamén! E agora teño o castelo cheo d
exente quie me axuda. Xa non preciso ningún bebedizo, porque xa
sinto como se me vai agrandando o corazón... chora...Quéromos
moitísimo a todos! Son todo amor. Morcego, baixa a Xalundes e dille
a toda a xente que veña, que xa son boa persoa e grande de
corazón...(volta
a chorar...)
MORCEGO:
Si señor Xuvenco. Que enorme corazón ten!
(Vaise)
CELIDONIA:
O que eu me temía...xa se montou o melodrama!
CHINCHA:
Vai
ser mellor que leve o bebedizo á cociña que se vén moita xente ao
mellor cae polo chan.
CHINCHETA:
Eu axúdoche mami!!
CELIDONIA:
Pois eu tamén vou indo, que levo aquí xa moito tempo e o meu corpo
pide cama!
(Saen
as tres, levando a pota)
(Van
entrando os paisanos e as mecánicas)
RAPAZ
2: Ola Xuvequiño, cando
queiras xogar ao dominó, xa sabes onde estamos!
MULLER
1: E cando teñas fame,
vas ao mercado coma todo o mundo e xa está!
MOZA
1: A min, ás veces,
sóbrame moita comida. Doucha con gusto!
MOZA
2: Ai, que emoción!
Vouche dar unha aperta!
MULLER
2: O pobo de Xalundes
hache estar ben agradecido. Por fin, deixará de terche medo!
RAPAZ
2: Hoxe é un día
especial para o noso pobo!
MECÁNICA
1: Cando precises amañar
calquera vehículo, xa sabes onde temos o taller.
MECÁNICA
2: E se non, subimos nós
ata o castelo!
XIGANTE:
Ala, imos celebrar que xa son boa persoa. Vou invitarvos a todos!!!
PAISANOS:
Que ben!! Hurra!!!
(Van
saíndo todos e entran os cegos)
CEGO 1: E aquel xigante
larpeiro,
CEGA 2: co seu corazón inmenso
CEGA 3: fíxose home de
proveito
CEGO 5 : Mamasiña que
escarmento!
TODOS: Mamasiña que
escarmento!
CEGO 1: E poñan moito coidado
CEGA 2: que anda por este
colexio
CEGA 3: outro xigantge malvado
CEGO 5: Ai mamasiña que medo!
TODOS: Ai mamasiña que medo!
FIN
Gustoume moito que puxeras a obra e o || Acto.Porque como xa dixen no comentario do | Acto e preciosa e tamén bonita.Eu creo que cando vamos facer a obra vaille gustar a todo o mundo e a os pais/a tamén.Bueno hasta mañá porque non vou volver entrar no blog hasta mañá.
ResponderEliminarÁNGELA ENRÍQUEZ PERALTA
Encantoume o segundo acto porque aparecen máis personaxes,e tamén é un pouco máis divertida polos personaxes Celidonia e o Morcego pero os demais tamén fan gracia.
ResponderEliminarMe gusta
ResponderEliminarMº Carmen si aparece algun comentario negativo es mi hermana porque cuando nos enfadamos dentra en el blog,y por si a caso entra es ella pero ya te avisaré si entra tu tranquila.
ResponderEliminarÁNGELA ENRÍQUEZ PERALTA
A min a obra gustame moito. A++
ResponderEliminarAnxo
Gustoume moito
ResponderEliminar