O alumnado de 3º nivel viaxou hoxe acompañado das súas mestras aos concellos do Valadouro e de Alfoz.
No Valadouro subiron ata aldea do Cadramón para observar unha paisaxe de interior.
En Alfoz, visitaron a Finca Galea. É unha paraxe natural á beira do río Ouro, que lle presta a súa auga para facer funcionar un muíño e un batán e para regar a multitude de árbores e plantas que alí medran. Algunhas destas árbores son moito máis que centenarias. Tamén hai alí un precioso lago.
Tamén estiveron descansando nos arredores da Torre Fortaleza de Castro de Ouro.
Mirade que fotos máis chulas!!
Eu lembrome de cando fumos a esa excursión.
ResponderEliminarFoi moi divertida!
ÁNGELA ENRÍQUEZ PERALTA.