Onte venres, os nenos e nenas de 3º nivel e as súas mestras achegámonos a S.a Martiño para visitar a basílica e Espazo Caritel.
Na basílica, a guía falou ao alumnado das imaxes que se poden ver nalgún capitel e ensinoulles o sepulcro onde se gardan os restos do Bispo Gonzalo, cuia lenda eles/as xa coñecían.
Logo fomos visitar Espazo Caritel. Un lugar onde se mestura natureza e arte.
O “Espazo Caritel” está formado por unha sala de exposicións que no seu
baixo alberga o taller do propio artista e un xardín de máis de tres mil metros cadrados que acolle
especies das máis diversas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario