Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar... Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar. Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés. Benvidos ao voso blog!!!
En 4º B observaron este curso a metamorfose do verme de seda.
Aquí podemos ver a última parte do proceso, cando xa o verme é un casulo de seda, se converte en boblboreta, se aparea (enseguida se atoparon un macho e unha femia) e a femia puxo inmediatamente un montón de ovos.
Onte venres, os nenos e nenas de 3º nivel e as súas mestras achegámonos a S.a Martiño para visitar a basílica e Espazo Caritel.
Na basílica, a guía falou ao alumnado das imaxes que se poden ver nalgún capitel e ensinoulles o sepulcro onde se gardan os restos do Bispo Gonzalo, cuia lenda eles/as xa coñecían.
Logo fomos visitar Espazo Caritel. Un lugar onde se mestura natureza e arte.
O “Espazo Caritel” está formado por unha sala de exposicións que no seu
baixo alberga o taller do propio artista e un xardín de máis de tres mil metros cadrados que acolle
especies das máis diversas.
Onte, xoves, os nenos e nenas de 4º nivel acompañados polas súas titoras desplazáronse a Mera (Ortigueira), á granxa do Souto onde poideron desfrutar en plena natureza de animais como coellos, vacas, cabalos...practicando ademais a equitación. Tamén poideron apreciar diversos cultivos da horta.