venres, 27 de febreiro de 2015

FONTES DE BURELA PARA 3º NIVEL

Os alumnos/as de 3º nivel visitaron hoxe as fontes de Burela acompañados de dúas monitoras da aula GAIA do Concello e das súas titoras. 
Dirixímonos primeiro á Vila do Medio para visitar alí a fonte da LAMELA e o seu lavadoiro, despois fomos cara  a rúa Pascual Veiga e visitamos a fonte do SOUTO tamén co seu lavadoiro e moi cerca desta vimos tamén a fonte de SANTOALLA

martes, 24 de febreiro de 2015

MARATÓN DE LECTURA NO DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro, o alumnado de 4º A e 4º B acudíu ao Salón de Plenos do concello para participar no V MARATÓN DE LECTURA, organizado para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA. Os nenos e nenas participaron lendo poemas de Rosalía de Castro e outros autores.

xoves, 19 de febreiro de 2015

O UNIVERSO




Para saber máis do Universo cos seus planetas, estrelas, satélites....pulsa aquí

OS PLANETAS




Este é un xogo moi interesante para axudarche a que coñezas os planetas.
Pincha aquí


domingo, 15 de febreiro de 2015

PREPARANDO O ENTROIDO

Os nenos e nenas de 3º estiveron estes días moi atareados preparando os disfraces para o desfile do día 13. Aquí os vemos en distintos momentos:
PREPARANDO OS DISFRACES


MOITO TRABALLAMOS!!