luns, 29 de xuño de 2015

BO VERÁN!!





Rematamos este curso 2014/2015. Todos e todas nos merecemos unhas vacacións porque durante o curso traballamos, xogamos, viaxamos, aprendemos....e agora estamos algo cansos/as.
Todolos mestres e mestras que vos demos clase en 3º e 4º nivel desexámosvos un feliz verán.
Vémonos en setembro!!

xoves, 18 de xuño de 2015

VISITAMOS "ESPAZO CARITEL"

O día 12 de xuño, os nenos e nenas de 3º nivel e as súas mestras visitamos "ESPAZO CARITEL", un lugar que se atopa en S. Martiño (Foz) ideado polo artista DANIEL CAXIGUEIRO e que está formado por unha sala de exposicións que no seu baixo alberga o taller do propio artista e un xardín de máis de 3000 metros cadrados que acolle especies do máis diversas.
No xardín atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona. A grande xoia deste xardín é unha colección de máis de 100 camelias de diferentes especies.
Tamén aproveitamos para visitar a basílica e contámoslles aos nenos as lendas do BISPO SANTO e a da FONTE DA ZAPATA.

Na basílica e na fonte da Zapata:



















No taller do artista e na sala de exposicións:











OS XARDÍNS:

mércores, 10 de xuño de 2015

PASAPALABRA. XOGO PARA 3º e 4º

Promovido pola aula medioambiental GAIA do Concello, chegou hoxe ao cole o xogo PASAPALABRA para 3º e 4º nivel. Este popular e coñecido xogo foi organizado pola monitora begoña e as preguntas do mesmo estaban relacionadas con temas medioambientais estudados polos nenos/as ao longo do curso.




mércores, 3 de xuño de 2015

PARA QUE USAMOS AS MATEMÁTICAS?

Continuamente, na nosa vida diaria, estamos usando as Matemáticas. Os nenos e nenas de 3º B amosan neste vídeo algúnhas situacións na que eles empregan as matemáticas:

martes, 2 de xuño de 2015

CONVIVENCIA EN CANGAS 4º , 5º e 6º

O mércores, 27 de maio, tocoulles aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º desfrutar en Cangas, despois dunha pequena camiñata, de xogos cooperativos, xantar no campo...nun ambiente de festa e diversión.
Aquí están as fotos que o demostran: