martes, 26 de setembro de 2017

xoves, 21 de setembro de 2017

BENVIDOS/AS AO CURSO 2017/18

Ola de novo!! Rematadas as vacacións de verán aquí estamos de novo empezando outro curso escolar. 
As mestras de 3º e 4º de Primaria desexamos que sexa un curso moi positivo para todos e todas no que desfrutemos, aprendamos e nos divirtamos xuntos.
Para comenzar aquí tedes un vídeo sobre a visita que o alumnado de 4º nivel realizou ao Concello de Burela con motivo da SEMANA DA MOBILIDADE
Do 16 ao 22 de setembro celébrase en toda Europa a Semana da Mobilidade. Trátase dunha iniciativa promovida pola Comisión Europea co fin de promover unha mobilidade máis sostible e saudable dando prioridade aos desprazamentos a pé, en bicicleta ou en transporte público para mellorar tamén a calidade de vida das cidades e o coidado do planeta cun uso responsable, sostido e eficiente dos recursos.
Deste xeito os nenos e nenas de 4º nivel acompañados por unha monitora da aula medioambiental GAIA e polas súas titoras, desprazamonos camiñando ata a Casa do Concello respectando sempre os semáforos, pasos de cebra...
Xa no consistorio, fomos recibidos polo xefe da Policia Local que nos amosou uns vídeos sobre o comportamento na rúa, cando imos en bici...
Visitamos distintas dependencias do Concello: Salón de Plenos, cocellaría de Servizos Sociais, calabozos...
A policía local deixou aos nenos e nenas subir nas súas motos e coches, usar as sirenas...Que ben o pasaron!!
Tamén nos veu visitar o Sr. alcalde e varios concelleiros e ata nos regalaron un pin e unha piruleta!!