xoves, 18 de decembro de 2014

NADAL NO COLE!!

Para celebrar a chegada do Nadal engalanamos as aulas, pasillos, biblioteca ....con motivos propios destas datas. Mirade, mirade....

3º B


4º A

4º B

martes, 16 de decembro de 2014

VIAXE A RIOTORTO

O pasado venres, o alumnado de 4º nivel acompañado polas súas profesoras, desprazouse a Riotorto para visitar un ferreiro e a fábrica de industrias cárnicas "O MAZO". Foi unha viaxe moi ben aproveitada, como demostran as fotos.

venres, 5 de decembro de 2014

sábado, 22 de novembro de 2014

3º NIVEL. RUTA SENDEIRISMO XOVE-A RIGUEIRA

Onte, venres, día 21 de novembro, os alumnos/as de 3º nivel acompañados polas súas mestras fixeron a ruta de sendeirismo denominada "RUTA DOS MUÍÑOS" que vai dende Xove ata A Rigueira. É un percorrido duns 7 km. aprox. que realizamos en 2 horas. 
Este percorrido vai sempre á beira do río Rigueira. É lineal e de moi baixa dificultade. Ao longo do sendeiro imos vendo distintas especies arbóreas: castiñeiros, carballos, salgueiros, árbores froiteiras...
Tamén vimos diferentes animais: cabalos, vacas, tenreiros...
Como estamos en outono, atopamos distintos froitos propios desta época: castañas, cogomelos, mazás...
Foi un fermoso, relaxante e proveitoso percorrido!!
Aí quedan as imaxes deste día:

luns, 3 de novembro de 2014

CASTIÑEIROS CENTENARIOS

A aula medioambiental GAIA, pertencente ao Concello de Burela, organiza tódolos cursos actividades para os colexios encamiñadas a concienciar ao alumnado da necesidade de coidar e respectar o medio ambiente. Dentro destas, encádrase a visita aos castiñeiros centenarios que ten Burela .
Foi para os nenos/as de 4º de Primaria.


venres, 31 de outubro de 2014

ACTIVIDADE DE 4º NIVEL

O alumnado de 4º de primaria realizou estes días pasados unha actividade que gustou moito tanto aos nenos/as coma ao profesorado.
A ONG, Ecos do Sur- Mestura realizou unha actividade dirixida a sensibilizar en materia de cooperación a nenos/as de 4º de Primaria.
Dita asociación está realizando en colaboración con ADANE- Mozambique o proxecto "Mellora nas condicións educativas e sanitarias da Escola e Centro Infantil HITAKULA das Mahotas, en Maputo (Mozambique)"
Foi todo un éxito!!


PROXECTO HITAKULA EN MOZAMBIQUE:






sábado, 20 de setembro de 2014

luns, 23 de xuño de 2014

NÚMEROS

Para traballar a numeración de diversas formas, pincha aquí

VANSE PARA 5º!!

Os alumnos/as de 4º A e de 4º B vanse todos para 5º. Esta será, en principio, a última foto que publicaremos deles neste blog, que é o do 2º ciclo. 
4ºA
Desexamos que no vindeiro curso e nos futuros que han vir que estuden moito, que se esforcen por seguir sempre aprendendo e sobre todo desexamos que sexan sempre boas persoas!! Ata sempre. Vémonos no cole!
4º B

venres, 20 de xuño de 2014

REPRESENTACIÓN DAS LENDAS 2º CICLO

Hoxe, que remata o curso, o alumnado de 3º A e de 4º B fixeron unha pequena representación das lendas que traballaron ao longo do curso.
No caso de 3º A representaron a lenda "A FONTE DA ZAPATA" de forma teatralizada e no caso de 4ºB a do "BISPO SANTO", lida por dúas alumnas e acompañada de ilustracións. En ámbolos dous casos foron un éxito, xa que os nenos e nenas, ensaiados polas súas mestras fixérono xenial!!







xoves, 19 de xuño de 2014

martes, 17 de xuño de 2014

IDEA PRINCIPAL DE UN TEXTO

80 lecturas para que saques delas a idea principal.Pulsa aquí

PALABRAS AGUDAS

Actividades para reconocer palabras agudas. Pulsa aquí.

Outra actividade: AQUÍ


Un xogo entretido para repasar as palabras agudas. Pincha AQUÍ

USO DE LAS MAYÚSCULAS

Actividades en las tendrás que escribir, cuando corresponda, letra mayúscula. Pulsa aquí

USO DE LAS MAYÚSCULAS

Si quieres practicar, con muchas actividades entretenidas, sobre el uso de las mayúsculas, pulsa aquí

luns, 16 de xuño de 2014

VIAXE DE 3º NIVEL AOS COCELLOS DO VALADOURO E ALFOZ

O alumnado de 3º nivel viaxou hoxe acompañado das súas mestras aos concellos do Valadouro e de Alfoz.
No Valadouro subiron ata aldea do Cadramón para observar unha paisaxe de interior.
En Alfoz, visitaron a Finca Galea. É unha paraxe natural á beira do río Ouro, que lle presta a súa auga para facer funcionar un muíño e un batán e para regar a multitude de árbores e plantas que alí medran. Algunhas destas árbores son moito máis que centenarias. Tamén hai alí un precioso lago.
Tamén estiveron descansando nos arredores da Torre Fortaleza de Castro de Ouro.
Mirade que fotos máis chulas!!

domingo, 15 de xuño de 2014

sábado, 14 de xuño de 2014

CLASIFICAR PALABRAS SEGÚN Nº DE SÍLABAS

Aquí tenéis un JUEGO para clasificar palabras según su número  de sílabas:
  Para JUGAR, pulsa aquí:

venres, 6 de xuño de 2014

BAUTISMO DE MAR. FOTOS 4ºA

Hoxe, venres, o alumnado de 2º ciclo acudiu ao porto de Burela para visitar a embarcación "PAIO GÓMEZ CHAIÑO". Trátase dunha lancha do Servizo de Gardacostas de Galicia que se adica á inspección pesqueira (vixía que o peixe que entra ao porto para vender sexa axeitado nas medidas, que non estea en veda, que os aparellos para pescar sexan os permitidos...etc.)
Os alumnos e alumnas, acompañados polas súas mestras poideron percorrer o interior da embarcación visitando os camarotes, a cociña, o comedor, a sala de máquinas...
Ao remate, membros da tripulación fixéronlle entrega a cada neno/a dun diploma acreditativo do seu bautismo de mar.

Aquí queda a tetemuña gráfica do acto. Só temos fotos de 4ºA, 4ºB e 3ºA. Cando lle chegou o turno a 3ºB....acabárase a batería da máquina!!!
MOI CONTENTOS
SUBINDO Á EMBARCACIÓN
PARECE QUE EVA TIÑA MEDO.....

xoves, 5 de xuño de 2014

CONVIVENCIA EN SARGADELOS. 4º NIVEL

Onte, mércores 4 de xuño, os cursos 4º, 5º e 6º nivel de Primaria fomos a Sargadelos para participar nas xornadas de convivencia que se celebran tódolos anos por estas datas.
Saímos ás 9:30 de Burela e percorremos andando os 5 km. de distancia que hai. Ninguén dixo que se cansaba ou que lle pesaba a mochila e é que xa son de 4º!! Case de 5º!!
Ao chegar a Sargadelos descansamos un pouquiño (algún xa quería comer daquela) e logo, por equipos, empezaron a participar nos distintos xogos que había: enceste do aro, carreira da auga, o paiaso lambón, brilé... 
Ás 12 paramos un pouco para comer o bocata do recreo e voltamos xogar ata as 13:30. A esta hora demos por rematados os xogos e todos, mestres/as e alumnado nos dispuxemos a comer. Xa tiñamos boa fame!!!
Foi un día inesquecible!!

martes, 20 de maio de 2014

ACTIVIDADES ECUESTRES EN MERA

O 4º nivel de Primaria realizamos unha excursión ao centro de actividades ecuestres GRANXA DO SOUTO, no val do río Mera (Ortigueira). Foi unha viaxe en contacto coa natureza e  na que os alumnos e alumnas desfrutaron moito montando a cabalo, estando en contacto con diversos animais: ovellas, vacas, coellos... e observando e aprendendo os nomes de diversos produtos de horta. Tamén aprenderon como se preparan os cabalos e os nomes do equipo de montura que necesita: riendas, estribos, cabezada...etc.
Foi unha viaxe ben aproveitada!!


sábado, 17 de maio de 2014

OBRA DE TEATRO

Para conmemorar o día das Letras Galegas, o alumnado de 4º A representou a obra de teatro "AI MAMASIÑA QUE MEDO!" escrita por Chus Pereiro e adaptada pola titora deste curso para estes nenos e nenas.
 A representación foi todo un éxito, os nenos e nenas recibiron moitos parabéns por parte de compañeiros/as e de tódolos mestres e mestras do colexio. A verdade é que o fixeron como se fosen profesionais, parecendo actores e actrices de verdade. NORABOA!!!

MOCHILA VIAXEIRA 4º A

17/05/2014



Os nenos e nenas de 4º A non escribiron moito no caderno viaxeiro. Preferiron debuxar e é que son verdadeiros artistas!!!

martes, 13 de maio de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS DE 3º A

Aos alumnos/as de 4º A, participantes nas mochilas viaxeiras gustoulles a idea das mochilas, pero case todos piden máis tempo para ler (non só unha semana). Terase en conto no vindeiro curso!


venres, 9 de maio de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 4º B


As familias dos alumnos e alumnas de 4º B foron das que máis participaron no caderno viaxeiro que acompañaba á mochila viaxeira deste grupo. Expresaron as súas opinións sobre este proxecto e o equipo de Biblioteca séntese moi satisfeito de que así o fixeran, xa que os comentarios axudan a continuar co que está ben e a mellorar aqueles aspectos que así o piden. Moitas grazas pais/nais por tanta colaboración!!

martes, 6 de maio de 2014

LENDA

Dentro do proxecto da biblioteca, este curso traballamos as "LENDAS DA MARIÑA LUCENSE". A 4º nivel correspondeulle  a lenda do Bispo Santo. 
 Un dos formatos que empregamos para traballar esta lenda foi o de banda deseñada. Aí van os resultados:


mércores, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe, día do libro, o alumnado de 4º nivel e de 5º A de Primaria acudiron ao Concello de burela para participar no Maratón de lectura convocado polo  Colectivo Cultural BURIL para conmemorar esta data.
Aí vai unha mostra fotográfica do acto.

                                             


xoves, 17 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO. VÍDEO MOI INTERESANTE

Aquí vos deixo un interesante vídeo para traballar a figura de Cervantes coa aventura dos muiños (D. Quixote) e xogos. 
Pincha aquí
Outro enlace para seguir traballando O QUIXOTE, con actividades interesantes.
Pincha aquí

xoves, 27 de marzo de 2014

POESÍA

Algúns alumnos e alumnas de 4º A copiaron unhas fermosas poesías e ilustráronas cuns fermosos debuxos. Aquí está o resultado:



luns, 24 de marzo de 2014

VIAXE AO CENTRO DE FORMACIÓN PARA O CONSUMO (VEGADEO) 3ª NIVEL

O alumnado de 3º nivel viaxou o venres, 21 de marzo,ao Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo. Alí realizaron actividades dentro da área de alimentación.Os nenos e nenas, guiados por unha monitora, repasaron primeiro os distintos grupos que hai de alimentos e cal é a súa función. Logo, elaboraron un menú equilibrado acompañado dunha lista de compra. A continuación dáselles diñeiro(falso) para que realicen unha simulación de compra de alimentos no supermercado, comparando as distintas marcas que hai dun mesmo produto e mirando as etiquetas para elexir un produto en función da súa calidade-prezo. Finalmente, pasan pola caixa onde se lles fai unha simulación de cobro e eles deberán comprobar se é correcto o que se lles cobra e o que se lles devolve. 
 Despois desta interesante e formativa visita, comeron na área recreativa de Santa Cruz(Ribadeo) e pararon na famosísima praia das Catedrais, pero non poideron baixar aos areais xa que estaba a marea chea.

ARTE NA MARIÑA. 3º NIVEL

domingo, 23 de marzo de 2014

ARTE NA MARIÑA

O alumnado de 4º nivel, participou na elaboración de modelado de figuras en barro, coa axuda da ceramista de Foz Pilar Rey. Esta actividade, moi creativa, encantou aos nenos e nenas. Mirade como desfrutaban!!

mércores, 5 de marzo de 2014

AI MAMASIÑA QUE MEDO! II ACTO



II ACTO


CEGO 1: Dereitiñas ao perigo...

CEGA 2: E axudadas polo vento...

CEGA 3: Chegan as tres bruxas tolas...

CEGO 5: Ai mamasiña que medo...!!

TODOS OS CEGOS: Ai mamasiña que medo!!

( Vanse os cegos. Escoitase un golpe. Laios e queixas das bruxas. Entran en escena)

CELIDONIA: Ai, ai que golpe! E un dente menos!!

CHINCHA: É a noite de bruxas máis emocionante da miña vida!

CHINCHETA: Morcego, onde está ese príncipe encantado de xigante?

MORCEGO: Non é un príncipe encantado! É o meu señor, o xigante Xuvenco e, advírtolle, mociña, que non lle gustan os bicos nin as carantoñas!

CELIDONIA:(dando un salto) Ai! Picoume un bicho!

CHINCHA: Sería un dos piollos!

CELIDONIA: Non, Chincha, non é un piollo. Semella a picadura dun mosquito. Vanme encher o corpo de granos.
(De súpeto, todas rascan o corpo)

CHICHA: Ai! Picoume a min tamén! Demo de mosquito!

CHINCHETA: Se cadra non é un mosquito. Pode ser tamén un príncipe enmeigado que semella un mosquito e...

CELIDONIA: Oi, Chinchetiña, escoita ben a túa primeira lección nunha noite de bruxas! Os príncipes encantados non existen, porque as bruxas temos máis que facer que andar enmeigando e desenmeigando a realeza! Asi que se queres andar por aí bicando mosquitos, xigantes ou morcegos, alá ti. Pero eu, se vexo ese mosquito...esmágoo sen miramentos!

CHINCHETA:(Chorando) O meu príncipe-mosquito esmagado! Ai, ai, ai...

CHINCHA:(Consolando a Chincheta) Celidonia, muller, non sexas tan bruta que a rapaza está sensible. Que está na idade do pavo, caramba!

CELIDONIA:(cabreada) Pois que aprenda dunha vez que somos bruxas! Que se deixe de pensar en príncipes, eses son para as princesas!!
MORCEGO:Remataron xa a discusión? Pois vale. Vou buscar o meu inmenso señor, o xigante Xuvenco.

CHINCHA: Vale, vale. Aquí agardamos. (Vaise o morcego)

CHINCHA: Ai que emoción!

CELIDONIA: Que fera terrible está a piques de aparecer!

CHINCHETA: Ai mamasiña, que medo!
(Entra de novo o morcego con moita solemnidade)

MORCEGO: Miñas donas, meus señores, aquí chega o meu inmenso señor, o xigante Xuvenco!
(Música...as bruxas medosas agáchanse unhas tralas outras, tapando os ollos...aparece o xigante...decepción...é pequeño, a roupa venlle grande.)

CHINCHA: Eh?? Que xigante é vostede? Que broma é esta?

XIGANTE: Non é broma ningunha. Eu son o xigante Xuvenco. É a miña doenza é esta:estou encollido!

BRUXAS: Ohhh!!

CELIDONIA: Lavaríase moito. Eu por iso non me baño nunca.

XIGANTE: Non señora, non. Foi así, sen máis. Espertei pola mañá e xa estaba pequerrecho. Xa ven, nin xigante, nin nada. Ata me encolleron os calzóns!

CHINCHETA: Oh, está clarísimo! Antes era vostede un xigante porque estaba enmeigado e agora volve ser un príncipe normal!

XIGANTE: Pero que di esta tola? Eu son o xigante Xuvenco e non un príncipe!

CHINCHA E CELIDONIA: É a idade do pavo!

XIGANTE: Vale, pero eu preciso ser un xigante de novo e non consinto que me tomen o pelo. A ver...que remedio traen para min? (Sinala a maleta de Chincha)

CHINCHA:(Remexendo na maleta) Ai, meu neniño! Hai 30 anos levabamos toda clase de bebedizos máxicos. Agora só temos para as dores da reuma...

CELIDONIA:Para a vesícula...

CHINCHETA: Para o mal de amores...

CHINCHA: Para o colesterol...

CELIDONIA: Para o ácido úrico...

CHINCHETA: Para o acné xuvenil...


XIGANTE: Bastaaaaa!!

CELIDONIA: E o termo co caldiño quente. Para xigantes encollidos, non levamos nada.

CHINCHA: É mira que tiña eu ganas de ver un xigante de verdade!

XIGANTE: Morcego! (Sinala a maleta de Chincha) Bota fóra da miña vista toda esta cacharrada. E fai que se vaia este montón de tolas! Ai de mín, que desgracia!! (O morcego colle a maleta de Chincha)

CHINCHETA: Se cadra eu podo atopar algo...

CHINCHA: Non, filliña, que vas poder! Ti es aínda moi nova. Non te preocupes por este desagradecido.

CHINCHETA: Eu domino as novas tecnoloxías. E teño aquí o meu ordenador portatil. (Abre o maletín e saca o portatil)

CELIDONIA: Bohhh!! Canta trapallada inventan hoxe en día. Onde se poña un bebedizo máxico....

CHINCHETA: Mira madriña, aquí vou escribir o problema que ten Xuvenco:” Xigante encollido..” ves? En google, e agora “intro”. Mira, mira, aquí está a solución, aí tes o que lle pasa ao xigante.

CELIDONIA: Nena, non vexo sen gafas. Le, anda.

CHINCHETA: Pois di que ao xigante lle chuparon o sangue e por iso encolleu.

CHINCHA: Que lle chuparon o sangue? Ai xesús!!

XIGANTE: Así que hai alguén neste castelo que anda matando a sede á miña conta! Vou dar contigo, bicho piolloso, sexas quen sexas e te agoches onde te agoches!!

(Música de medo, soan as campás de medianoite e sae dun baúl o vampiro Ramiro)

VAMPIRO: Boas noites! E a ver se fan menos barullo,que así non hai quen pegue ollo!

XIGANTE: Socorro!! Un vampiro chuchasangue!

CELIDONIA: Ramiro!

VAMPIRO: Celidonia!

CELIDONIA: Ven aos meus brazos, Ramiriño do meu corazón!!

VAMPIRO: Dame unha aperta, Celidoniña, meu amor! (Danse unha aperta)

CHINCHETA: Coidado, madriña, que é un vampiro e os vampiros chuchan o sangue!

CELIDONIA: Que vai chupar! Este é o meu Ramiro. O único sangue que chupa é o das
filloas no entroido.

XIGANTE: Un momentiño, un momentiño! Que lle deu permiso a vostede para instalarse aquí? Por moi inofensivo que sexa, o castelo é meu.

RAMIRO: Vostede perdoe, pero pensei que isto era unha casa de turismo rural.

XIGANTE: Nada, nada. Fóra, fóra, que esto xa parece unha feira.

CELIDONIA: Adeus, Ramiro!

RAMIRO: Adeus, Celidonia! Levareite sempre no meu corazón!
(Vaise o vampiro Ramiro. Logo Celidonia ponse a bailar soa)

CELIDONIA: Ai! Síntome nova despois de atopar o meu amor!!

CHINCHA: Celidonia, muller, ten un pouco de sentidiño que xa non eres unha mociña!

CELIDONIA: Ai, pois eu síntome coma unha rapaciña! Ata me lembro agora da maneira de facelo bebedizo para curar xigantes. Neste caso, para agrandar a este!!

XIGANTE: Ooooohhh!! Que ben!! Axiña, Morcego, trae os cacharros!
(O morcego pon a maleta dos cacharros de Chincha enriba da mesa. Celidonia non para de bailar)

CHINCHA: Veña , Celidonia, que esto xa está. Que boto aquí?

CELIDONIA: Bota un chisquiño de xabón de largato que boa falta lle fai. Agora un pouco de laranxada, unhas bágoas de crocodilo e ...Pichiclán! Xa está!

CHINCHA: Que boa pinta ten!

XIGANTE (Mirando o que hai na pota) Puaf! E teño que beber esa porcallada?

CELIDONIA: Si, pero hai que deixalo repousar un pouco. Non vai fallar.

CHINCHETA: Hurra, somos bruxas outra vez!!
(As bruxas bailan contentas)

XIGANTE. Ha, ha, ha....E eu vou ser de novo un terrible xigante! Ha,ha,ha!

CHINCHETA: Alto aí! Pensar seguir por aí papando á xente? Non aprendiche nada de toda esta historia?

XIGANTE: E que tiña que aprender? Eu sempre fun un xigante canalla e malvado e non me veñas ti agora con leccións. Eu son como teño que ser.

CHINCHETA: Pois todo o mundo aprende algo. Eu hoxe aprendín que un xigante mingurrias coma ti non merece ter amigos que lle boten unha man.

CELIDONIA: Acouga, Chinchetiña, que en canto beba o preparado vaise convertir nun xigante grande de corazón.
XIGANTE: Como que grande de corazón? E de corpo?

CHINCHA: Non te queixes. A grandeza de corazón é o mellor que pode ter unha persoa.

XIGANTE (pensativo): ben mirado...levades razón. Eu vivía aquí só co meu morcego. Calquera día papábao a el tamén! E agora teño o castelo cheo d exente quie me axuda. Xa non preciso ningún bebedizo, porque xa sinto como se me vai agrandando o corazón... chora...Quéromos moitísimo a todos! Son todo amor. Morcego, baixa a Xalundes e dille a toda a xente que veña, que xa son boa persoa e grande de corazón...(volta a chorar...)

MORCEGO: Si señor Xuvenco. Que enorme corazón ten! (Vaise)

CELIDONIA: O que eu me temía...xa se montou o melodrama!

CHINCHA: Vai ser mellor que leve o bebedizo á cociña que se vén moita xente ao mellor cae polo chan.

CHINCHETA: Eu axúdoche mami!!

CELIDONIA: Pois eu tamén vou indo, que levo aquí xa moito tempo e o meu corpo pide cama!
(Saen as tres, levando a pota)
(Van entrando os paisanos e as mecánicas)

RAPAZ 2: Ola Xuvequiño, cando queiras xogar ao dominó, xa sabes onde estamos!

MULLER 1: E cando teñas fame, vas ao mercado coma todo o mundo e xa está!

MOZA 1: A min, ás veces, sóbrame moita comida. Doucha con gusto!

MOZA 2: Ai, que emoción! Vouche dar unha aperta!

MULLER 2: O pobo de Xalundes hache estar ben agradecido. Por fin, deixará de terche medo!

RAPAZ 2: Hoxe é un día especial para o noso pobo!

MECÁNICA 1: Cando precises amañar calquera vehículo, xa sabes onde temos o taller.

MECÁNICA 2: E se non, subimos nós ata o castelo!

XIGANTE: Ala, imos celebrar que xa son boa persoa. Vou invitarvos a todos!!!

PAISANOS: Que ben!! Hurra!!!
(Van saíndo todos e entran os cegos)

CEGO 1: E aquel xigante larpeiro,

CEGA 2: co seu corazón inmenso

CEGA 3: fíxose home de proveito

CEGO 5 : Mamasiña que escarmento!

TODOS: Mamasiña que escarmento!

CEGO 1: E poñan moito coidado

CEGA 2: que anda por este colexio

CEGA 3: outro xigantge malvado

CEGO 5: Ai mamasiña que medo!

TODOS: Ai mamasiña que medo!
                                                                               FIN

































xoves, 27 de febreiro de 2014

MÁIS FOTOS DA VIAXE A LUGO
Paseando pola muralla