venres, 26 de maio de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA EN CANGAS

O pasado mércores o alumnado de 4º, 5º e 6º tiveron unha xornada de convivencia en Cangas.
Foron andando dende o colexio e ao chegaren compartiron xogos populares e repuxeron forzas cun xantar no mesmo campo de xogos.
Pasárono en grande!!

xoves, 25 de maio de 2017

4ºB: MOMENTOS DE LECTURA

Aproveitando estes días de primavera o alumnado de 4ºB acompañado pola súa mestra Helena saíu fóra na sesión de lectura.
Calquera sitio é bo para ler e se é en plena natureza moito mellor!!

mércores, 24 de maio de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA

Como cada ano por estas datas, o alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria acompañados polas súas titoras e por Teresa, Belén, Fe, Cristina, Xabier e Xesús  fomos á Cangas para celebrar unha xornada de convivencia.
O alumnado, repartido en equipos, participou en xogos colectivos nos que o pasaron en grande.

domingo, 14 de maio de 2017

LOURENZÁ. O PDI DE 3º NIVEL

Podedes ver o traballo realizado durante este curso polo alumnado de 3º nivel sobre o concello que eleximos dentro do PDI "A NOSA COMARCA".
Traballamos sobre Lourenzá. Aínda  queda algunha cousiña sen rematar que publicaremos tamén en canto estea lista.

domingo, 7 de maio de 2017

COIDAMOS E PROTEXEMOS AOS ANIMAIS

O alumnado de 4º nivel participou nunha actividade promovida pola aula GAIA do Concello de Burela sobre a protección e o coidado dos animais.
Unha adestradora e unha veterinaria viñeron ao noso centro acompañadas por Blues. 
Blues é un can moi ben adestrado que saca a roupa da lavadora, vai polas chaves, busca obxectos polo olfacto...e fixo as delicias dos nenos e nenas!!