Compartimos o vídeo que elaboraron as mestras de E. Infantil.
Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar... Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar. Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés. Benvidos ao voso blog!!!
mércores, 26 de abril de 2017
luns, 24 de abril de 2017
APADRIÑAMENTO LECTOR 3º e 4º NIVEIS- INFANTIL
O
apadriñamento lector é un proxecto de animación á lectura de
carácter transversal. Consiste en que o alumnado de cursos
superiores (de 3º a 6º) sexan padriños /madriñas do alumnado de
cursos inferiores (dende infantil 3 anos ata 2º nivel) para
compartir momentos de lectura.
Os
padriños/madriñas terán a función de ler contos aos seus
afillados/as.
Con
esta actividade preténdese mellorar os diversos contidos da lectura
e ademais desenrolar relacións interpersoais entre o alumnado do
centro e o achegamento entre nenos/as de diferentes idades.
Esta actividade desenvolveuse hoxe no noso colexio para celebrar o Día do Libro.
Tivo moito éxito!!
domingo, 23 de abril de 2017
IMAXES DE 4º NIVEL
Os nenos e nenas de 4º nivel plantaron hai pouco unha árbore no Monte Castelo, con motivo da celebración do DÍA DA ÁRBORE que se celebrou o 21 de marzo.
Este pasado venres viaxaron a Lugo para visitar a rotativa de EL PROGRESO entre outros lugares desta cidade.
xoves, 6 de abril de 2017
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Neste mes de abril, realizaremos un apadriñamento lector en todo o colexio: coincidindo con que estamos no mes do libro, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria serán os padriños e madriñas de nenos /as de 1º, 2º e Infantil e obsequiaranos coa lectura dun conto.
Os maiores, pois, xa están preparando as lecturas para os máis pequenos.
En 3º A apadriñarán a E. Infantil de 3 e 4 anos e quixeron presentarse e saudar aos seus afillados /as.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)