Ola, este é o blog de 2º ciclo do CEIP "Virxe do Carme".É dicir, é o voso blog: alumnado, pais e compañeiros de 2º ciclo de Primaria. Pero, como non podía ser doutro xeito, está aberto a caquera persoa que queira pasarse por aquí, para informarse, comentar... Xa tedes postas algunhas fotos e varios enlaces que vos poden interesar. Iremos engadindo novas fotos das excursións que vaiamos realizando e outras informacións que consideremos que podan ser do voso interés. Benvidos ao voso blog!!!
luns, 9 de marzo de 2015
A AUGA
Actividades interesantes para aprender máis sobre o ciclo da auga, a desertización, a contaminación e os usos da auga
Neste enlace
A AUGA
Para repasar o ciclo da auga e os seus cambios de estado, pincha aquí:
Tamén está explicado de forma moi clara aquí:
Neste enlace, poderás seguir practicando mediante moitas actividades, os usos e estados da auga. Pincha
venres, 27 de febreiro de 2015
FONTES DE BURELA PARA 3º NIVEL
Os alumnos/as de 3º nivel visitaron hoxe as fontes de Burela acompañados de dúas monitoras da aula GAIA do Concello e das súas titoras.
Dirixímonos primeiro á Vila do Medio para visitar alí a fonte da LAMELA e o seu lavadoiro, despois fomos cara a rúa Pascual Veiga e visitamos a fonte do SOUTO tamén co seu lavadoiro e moi cerca desta vimos tamén a fonte de SANTOALLA.
martes, 24 de febreiro de 2015
MARATÓN DE LECTURA NO DÍA DE ROSALÍA
Hoxe, 24 de febreiro, o alumnado de 4º A e 4º B acudíu ao Salón de Plenos do concello para participar no V MARATÓN DE LECTURA, organizado para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA. Os nenos e nenas participaron lendo poemas de Rosalía de Castro e outros autores.
xoves, 19 de febreiro de 2015
mércores, 18 de febreiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.jpg)
