LENDA DA MARUXAINA
Unha delas conta que diante do cabo de San Cibrán, no concello de Cervo, hai uns illotes chamados “Os Farallóns”.
Dise que alí vive unha serea chamada “A Maruxaina”. Nos días de mal tempo, a Maruxaina sae dos illotes e chama os mariñeiros. Hai quen cre que sae para axudar ós mariñeiros en caso de perigo, pero tamén hai quen di ca súa intención é engaiolalos para que naufraguen.Este pobo de San Cibrán recuperou hai algúns anos unha vella tradición. Confeccionan unha serea de longos cabelos louros cunha roca. O segundo sábado do mes de agosto, pola noite, lévase esta serea dende Os Farallóns ata a praia de San Cibrán. Alí é sometida a un xuízo popular, no que queda absolta. Ó rematar, volve ás illas, nas que permanece o resto do ano.
Existe tamén outra lenda moi coñecida. Forma parte do conxunto das tradicións populares celtas comúns entre Bretaña, Cornualles, Gales, Galicia e Irlanda... Conta a orixe do nobre liñaxe bretoñés dos Mariños....
LENDA DOS MARIÑOS
Conta a lenda, que hai moito tempo, existía un nobre quen vivía nestas terras britonienses. O seu nome era Froilán, e era moi querido e apreciado polos seus vasallos, pola súa sabedoría e pola súa xustiza.
Froilán gustaba moito da caza, pasear no seu cabalo nas súas terras, e falar moito coa súa xente, mentres facía eses percorridos.
Nun deses tantos días, nos que estaba a facer o seu paseo diario, viu dende un acantilado unha muller deitada na praia. Preso dunha grande curiosidade, achegouse a modiño ata ela. Quedou moi abraiado e perplexo, ó darse conta
de ca muller durmida sobre na area tiña corpo de peixe. Era unha serea.
Cando ela espertou e viu que Froilán estaba mirándoa, quixo escaparse, mais foi imposible. El montouna ó seu cabalo e levouna ó castelo. Cando tódolos seus servos a viron quedaron admirados pola extraordinaria fermosura da muller-peixe. Chamárona Mariña, por proceder do mar.
Froilán e Mariña namoráronse rapidamente. Eles pasaban todo o día xuntos, montando á cabalo e percorrendo tódalas terras do nobre.
A pesar de que Froilán, intentou que ela aprendese a falar, Mariña, quizais pola súa condición de serea, non podía pronunciar palabra ningunha. Cando o intentaba, só podía emitir uns ruídos moi difíciles de comprender.
Tal era o cariño dos namorados, que decidiron casar e ó pouco tempo, coma resultado dese amor , tiveron o seu primeiro fillo.
O tempo pasaba e Mariña, seguía sen poder falar. Isto provocáballe unha gran mágoa e dor... Sentíase moi triste por non poder expresa-lo seu profundo amor e felicidade a Froilán e ó seu filliño.
Na máxica noite de San Xoán, e estando nunha marabillosa festa, ó son das cancións, comendo, e bailando en fronte das fogueiras, Froilán, quen sabía o profundo medo que Mariña sentía cara ás faíscas, arrebatoulle o seu pequeno fillo dos seus brazos e saíu correndo co neno cara á fogueira, dando a impresión de que ámbolos dous, quizais por mor dun meigallo o feitizo, entrarían nas chamas...
Mariña, presa dun horror enorme, e por medo a perder ós dous seres que máis amaba no mundo, berrou desesperadamente:
- "Froilán!!.. Fillo!!.."
Dese xeito, e gracias ó susto, Mariña puido pronuncia-las primeiras palabras da súa vida... e pouco a pouco aprendeu a falar... Houbo unha grande celebración e festa no castelo, e a maior ledicia e felicidade na vida do nobre Froilán, que viviu feliz con Mariña polo resto da súa vida...
Anos despois, dous dos descendentes desta parella, Froilán e Mariña, acadaron gran fama e sona no Reino de Galicia.. Eran Os Mariños, que dedicados á poesía e á música , foron os compositores dunha das máis fermosas composicións líricas dos cancioneiros galegos medievais.
Este nobre liñaxe do reino, tiña o seu escudo de prata, cunha representación dunha serea e tres ondas azuis.
Tamén varios integrantes desta familia, participarían nas guerras contra os árabes, asentáronse nos novos territorios do sur e contribuíron á riqueza do que sería o futuro Reino de Portugal.
Froilán gustaba moito da caza, pasear no seu cabalo nas súas terras, e falar moito coa súa xente, mentres facía eses percorridos.
Nun deses tantos días, nos que estaba a facer o seu paseo diario, viu dende un acantilado unha muller deitada na praia. Preso dunha grande curiosidade, achegouse a modiño ata ela. Quedou moi abraiado e perplexo, ó darse conta
de ca muller durmida sobre na area tiña corpo de peixe. Era unha serea.Cando ela espertou e viu que Froilán estaba mirándoa, quixo escaparse, mais foi imposible. El montouna ó seu cabalo e levouna ó castelo. Cando tódolos seus servos a viron quedaron admirados pola extraordinaria fermosura da muller-peixe. Chamárona Mariña, por proceder do mar.
Froilán e Mariña namoráronse rapidamente. Eles pasaban todo o día xuntos, montando á cabalo e percorrendo tódalas terras do nobre.
A pesar de que Froilán, intentou que ela aprendese a falar, Mariña, quizais pola súa condición de serea, non podía pronunciar palabra ningunha. Cando o intentaba, só podía emitir uns ruídos moi difíciles de comprender.
Tal era o cariño dos namorados, que decidiron casar e ó pouco tempo, coma resultado dese amor , tiveron o seu primeiro fillo.
O tempo pasaba e Mariña, seguía sen poder falar. Isto provocáballe unha gran mágoa e dor... Sentíase moi triste por non poder expresa-lo seu profundo amor e felicidade a Froilán e ó seu filliño.
Na máxica noite de San Xoán, e estando nunha marabillosa festa, ó son das cancións, comendo, e bailando en fronte das fogueiras, Froilán, quen sabía o profundo medo que Mariña sentía cara ás faíscas, arrebatoulle o seu pequeno fillo dos seus brazos e saíu correndo co neno cara á fogueira, dando a impresión de que ámbolos dous, quizais por mor dun meigallo o feitizo, entrarían nas chamas...
Mariña, presa dun horror enorme, e por medo a perder ós dous seres que máis amaba no mundo, berrou desesperadamente:
- "Froilán!!.. Fillo!!.."
Dese xeito, e gracias ó susto, Mariña puido pronuncia-las primeiras palabras da súa vida... e pouco a pouco aprendeu a falar... Houbo unha grande celebración e festa no castelo, e a maior ledicia e felicidade na vida do nobre Froilán, que viviu feliz con Mariña polo resto da súa vida...
Anos despois, dous dos descendentes desta parella, Froilán e Mariña, acadaron gran fama e sona no Reino de Galicia.. Eran Os Mariños, que dedicados á poesía e á música , foron os compositores dunha das máis fermosas composicións líricas dos cancioneiros galegos medievais.
Este nobre liñaxe do reino, tiña o seu escudo de prata, cunha representación dunha serea e tres ondas azuis.
Tamén varios integrantes desta familia, participarían nas guerras contra os árabes, asentáronse nos novos territorios do sur e contribuíron á riqueza do que sería o futuro Reino de Portugal.

Nunha tarde de outono atopou nun dos seus paseos un cazador mozo e lanzal, que viña de cazar un corzo coa súa baésta. A doncela, cuxa fermosura era, segundo se conta a "dunha fada", deuse a coñecer como pertencente ó castelo de Quiroga, mentres que o mancebo fíxoo como vasalo do señor de Osorio, de Castro Caldelas. Así e todo, a beleza de ámbolos dous mozos fixo que se namoraran nese mesmo instante o un do outro, acordando manter novos e apaixonados encontros.
No castelo de Doiras moraba un cabaleiro de nome Froiaz, con dous fillos: Egas e Aldara. O fillo doutro señor dun castelo veciño namorouse de Aldara. O seu amor foi correspondido e, parecéndolle ben ós seus pais, o casamento anunciouse. Un serán Aldara desapareceu do castelo. Pai e irmán, criados e escudeiros, mesmo o seu namorado acompañado das súas xentes, foron na súa busca por montes e bosques, por pallozas e casaríos... despois dalgúns días de buscas infructuosas, deron por definitiva a perda de Aldara, maxinando que sería morta por algún xabarín, algún urso ou devorada po-los lobos...