mércores, 28 de outubro de 2015

VISITA AO CONCELLO DE BURELA

No día de hoxe, os nenos e nenas de 4º nivel, acompañados das súas titoras e de dúas monitoras da aula GAIA visitaron as dependencias do concello. Alí fixeron un percorrido polas distintas instalacións e escoitaron as explicacións da educadora familiar, da persoa de atención aos inmigrantes, do concelleiro de cultura...etc. Estiveron no Salón de Plenos onde foron recibidos polo Sr. alcalde e un garda municipal e ocuparon por turnos as sillas dos concelleiros.
Para rematar, a policía local brindoulles a oportunidade de subirse nas motos e no coche que eles utilizan habitualmente. Pasárono en grande!!

concello - Kizoa Movie Maker


Engadir título































3 comentarios: