venres, 10 de marzo de 2017

VIAXE A VEGADEO E PRAIA DAS CATEDRAIS

Hoxe o alumnado de 3º nivel viaxou, acompañado polas súas mestras, ao Centro de Formación para o Consumidor que se atopa en Vegadeo. Alí repasaron conceptos xa explicados na aula en canto aos distintos tipos de alimentos e a súa función, aprenderon a elaborar un menú saudable e realizaron a compra nun supermercado ficticio pero moi ben recreado. Ata levaban diñeiro (de mentira) e tiveron que pasar pola caixa e comprobar se lles chegaba para o que compraran, se lles daban ben as voltas...Moi educativo e interesante.
Despois de comer nun parque que está ao lado, paramos á volta na praia das Catedrais para observar este Monumento Natural. Non tivemos moita sorte, xa que estaba a marea chea.
Foi un día ben aproveitado, eso sí...con moitísima calor!!!

1 comentario:

  1. Co voso permiso puxen un enlace no Blog do Gato. Tamén puxen fotos.
    Foi unha viaxe divertida e proveitosa

    ResponderEliminar