xoves, 18 de xaneiro de 2018

BLUS

Onte tivemos unha visita moi especial. Promovido pola aula medioambiental GAIA do concello de Burela, achegouse ás aulas de 4º nivel unha veterinaria do Centro Veterinario A Marosa acompañada polo seu can Blus que fixo as delicias de todos/as.
Axudada polo animal, a veterinaria ensinou ao alumnado como nos debemos comportar ante a presenza dun can, como podemos ensinarlle multitude de cousas ao mesmo tempo que nós aprendemos destes nobles animais.
Tamén aprenderon como deben coidalo, respectalo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario