mércores, 28 de outubro de 2015

VISITA AO CONCELLO DE BURELA

No día de hoxe, os nenos e nenas de 4º nivel, acompañados das súas titoras e de dúas monitoras da aula GAIA visitaron as dependencias do concello. Alí fixeron un percorrido polas distintas instalacións e escoitaron as explicacións da educadora familiar, da persoa de atención aos inmigrantes, do concelleiro de cultura...etc. Estiveron no Salón de Plenos onde foron recibidos polo Sr. alcalde e un garda municipal e ocuparon por turnos as sillas dos concelleiros.
Para rematar, a policía local brindoulles a oportunidade de subirse nas motos e no coche que eles utilizan habitualmente. Pasárono en grande!!

concello - Kizoa Movie Maker


Engadir título


XOGO DA OCA INMIGRANTE PARA 4º NIVEL

Con este xogo, promovido pola Aula medioambiental GAIA, preténdese concienciar aos alumnos/as de que se poñan no lugar das persoas inmigrantes, que pensen nos seus problemas...para que os nenos e nenas sexan persoas solidarias e comprometidas para construir un mundo máis humano, empezando polo seu entorno máis próximo. 
O xogo da oca inmigrante vai contando, nas súas casillas o que obriga aos inmigrantes a deixar a súa terra e viaxar a outros países buscando unha vida mellor e máis digna.

martes, 27 de outubro de 2015

JUEGA CON LAS PALABRAS



Se queres practicar ortografía, repasar a sílaba tónica, buscar sinónimos....aquí tes este XOGO

OS ARTRÓPODOS

Este vídeo, vaiche axudar a aprender máis sobre os ARTRÓPODOS

ANIMAIS VERTEBRADOS

NESTE VÍDEO MOI CURTO PODES REPASAR O QUE XA SABES DOS ANIMAIS VERTEBRADOS:

BUSCAR PALABRAS EN EL DICCIONARIO

RECORDA COMO SE BUSCABAN PALABRAS NO DICCIONARIO:

O TEMPO ATMOSFÉRICO. O CLIMA.

Aquí tedes un vídeo cortiño para repasar os contidos dados na clase: