martes, 17 de marzo de 2015

VIAXE A LUGO 4º DE PRIMARIA

Onte, luns, día 16 de marzo o alumnado de 4º nivel acompañado das súas titoras, da profesora de PT e da coidadora do centro, desplazáronse a Lugo para realizar diversas visitas: en 1º lugar, no polígono do CEAO, visitaron a rotativa do  xornal "EL PROGRESO", onde lles ensinaron o proceso que sigue un periódico ata chegar ás nosas mans. A continuación, foron ao Museo Provincial para realizar distintas actividades relacionadas coa arte e viron a xoia do Museo, de moito significado para eles, pois trátase do famoso TORQUES de Burela, que volve a estar no Museo de Lugo. A continuación deron un pequeno paseo pola MURALLA e logo foron comer á Escola de Maxisterio.
Viñeron super contentos porque aprenderon moitas cousas e pasárono moi ben!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario