sábado, 14 de marzo de 2015

VIAXE A VEGADEO E PRAIA DAS CATEDRAIS


O alumnado de 3º nivel viaxou o mércores, día 11,ao Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo. Alí realizaron actividades dentro da área de alimentación.Os nenos e nenas, guiados por unha monitora, repasaron primeiro os distintos grupos que hai de alimentos e cal é a súa función. Logo, elaboraron un menú equilibrado acompañado dunha lista de compra. A continuación dáselles diñeiro(falso) para que realicen unha simulación de compra de alimentos no supermercado, comparando as distintas marcas que hai dun mesmo produto e mirando as etiquetas para elexir un produto en función da súa calidade-prezo. Finalmente, pasan pola caixa onde se lles fai unha simulación de cobro e eles deberán comprobar se é correcto o que se lles cobra e o que se lles devolve. 
Logo comemos no parque que hai moi cerquiña do Centro de Formación e a continuación, cando viñamos de camiño, paramos na praia das Catedrais á que non poidemos baixar porque estaba a marea chea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario