venres, 15 de maio de 2015

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, o 2º ciclo celebrou o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" coa celebración dunha xincana cultural. O alumnado, por equipos, foi participando en tódalas probas propostas: algunhas como puzzles e estudo da biografía do autor este ano homenaxeado (Filgueira Valverde). Tamén se lles propuxo buscar polo patio poemas e copialos, localizar os nomes científicos de distintas árbores do cole, cantar "A rianxeira" mediante un karaoke...etc. Os nenos e nenas desfrutaron de verdade con esta xincana ao mesmo tempo que aprendían. Foi un día ben femoso!!!

3 comentarios:

  1. Hola son Paula e paseino moi ben ese día

    ResponderEliminar
  2. Alégrome que o pasarás ben, Paula. Creo que a maioría o pasamos ben. Foi algo distinto que gustou moito!!

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar